Inicio > > Actualidade
Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 350 novas
Conde subliña que os concellos poderán axilizar a aprobación de licenzas coas mesmas garantías xurídicas e técnicas que ata agora a través das entidades de certificación municipal
13/04/2021 12:36

Conde subliña que os concellos poderán axilizar a aprobación de licenzas coas mesmas garantías xurídicas e técnicas que ata agora a través das entidades de certificación municipal

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta maña en Lugo un encontro informativo cos alcaldes da provincia para explicar os detalles da nova Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

Avanza que os Concellos Emprendedores poderán adherirse á Oficina Reactiva Galicia, a xanela única de atención ao investidor

Destaca a necesidade de seguir apostando pola unidade e a cooperación entre administracións para afrontar a recuperación económica e para impulsar proxectos no marco dos fondos europeos

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria para solicitar a partir de mañá as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio
13/04/2021 11:15

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria para solicitar a partir de mañá as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio

Esta medida, enmarcada no Plan de axudas ao comercio galego, mobilizará ata 5M€ e vai dirixida aos sectores máis afectados pola pandemia

Os apoios da Vicepresidencia económica, cunha intensidade do 80%, serán de ata 6000 euros por centro de traballo e permitirán un aforro de 300.000 euros na factura enerxética dos establecementos

O bono poderá destinarse á mellora de envolventes, da iluminación e das instalacións eléctricas, á renovación de equipos de climatización e á instalación de sistemas domóticos para optimizar a xestión enerxética de pemes e autónomos

A convocatoria, por concorrencia non competitiva, manterase aberta ata o 30 de xuño, ou ata que se esgote o crédito, e os beneficiarios terán a posibilidade de solicitar anticipos de ata o 50%

Esta liña de axudas súmase a iniciativas para incentivar o consumo, como o Bono Activa Comercio, con descontos de 30 euros para os clientes, e o programa Renove Electrodomésticos

A sexta edición do programa Principia incentiva a contratación de máis de 100 mozas e mozos para desenvolver proxectos de investigación e innovación en empresas e centros de coñecemento
12/04/2021 14:01

A sexta edición do programa Principia incentiva a contratación de máis de 100 mozas e mozos para desenvolver proxectos de investigación e innovación en empresas e centros de coñecemento

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nun webinario sobre esta iniciativa que pretende atraer, incorporar e reter o talento de profesionais

Contempla axudas de 10.000€ por contrato, que se poden completar cun bono de formación por un importe de 1000 euros adicionais

O programa incentiva, ademais, a contratación de mulleres e persoas con diversidade funcional

Nas cinco convocatorias anteriores realizáronse ao abeiro deste programa 542 contratos de profesionais de ata 35 anos que se integraron en 282 entidades beneficiarias, maioritariamente empresas

12/04/2021 13:16

A Xunta impulsa a presenza das start-up galegas na feira internacional Mindtech para fortalecer o emprendemento industrial

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación asina un convenio de colaboración coa Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) para habilitar espazos no encontro que se celebrará no recinto feiral do Ifevi en Vigo entre o 14 e o 16 de setembro

O acordo inclúe como novidade nesta segunda edición do foro tecnolóxico a celebración dunha rolda de reunións con investidores para impulsar o financiamento das iniciativas emprendedoras da Comunidade
 

A Xunta destaca o papel das entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) para apoiar ás administracións locais na tramitación de proxectos empresariais
11/04/2021 14:26

A Xunta destaca o papel das entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) para apoiar ás administracións locais na tramitación de proxectos empresariais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza esta semana con varias destas entidades na que informou das novidades da Lei de reactivación económica

Pediu a súa colaboración para permitir aos concellos axilizar a aprobación de licenzas coas mesmas garantías xurídicas e técnicas que ata agora
 

A Xunta apoia con preto de 2,4M€ a 95 asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector
11/04/2021 09:32

A Xunta apoia con preto de 2,4M€ a 95 asociacións e federacións de comerciantes para impulsar a competitividade do sector

As axudas, que chegan aos 49.000 euros, permiten atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos na actual situación económica

Entre as principais novidades, concédense apoios para a activación de market places para venda e promoción dos produtos dos establecementos asociados

O Goberno galego abrirá o próximo mércores, 14 de abril, o prazo para que pequenas e medianas empresas e autónomos poidan solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio
 

A Xunta porá en marcha un programa de formación sobre comercio electrónico e consumo responsable dirixido ás persoas maiores
10/04/2021 12:18

A Xunta porá en marcha un programa de formación sobre comercio electrónico e consumo responsable dirixido ás persoas maiores

A iniciativa, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), consta de oito talleres de diferentes temáticas nos que se prevé a participación de 2500 persoas

As clases impartiranse entre abril e setembro na modalidade presencial ou en liña, na plataforma de teleformación da Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors (Fegaus)

As temáticas abordan consellos para mercar a través de internet, a factura da luz e o novo bono social, a telefonía móbil, as contas bancarias básicas, as tarxetas revolving ou os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e a resolución de conflitos de consumo a través da arbitraxe
 

A Xunta resalta en Ponteceso a importancia de achegarlle os oficios artesáns aos máis pequenos como motor do desenvolvemento de Artesanía de Galicia
09/04/2021 17:23

A Xunta resalta en Ponteceso a importancia de achegarlle os oficios artesáns aos máis pequenos como motor do desenvolvemento de Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta tarde os obradoiros para familias que organiza ata o domingo a Fundación Eduardo Pondal, co apoio da Xunta de Galicia, para celebrar os Días Europeos da Artesanía

A cartografía de risco da covid-19 desenvolvida pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta permite analizar a incidencia territorial da pandemia e a súa evolución coa chegada da vacina
09/04/2021 14:26

A cartografía de risco da covid-19 desenvolvida pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta permite analizar a incidencia territorial da pandemia e a súa evolución coa chegada da vacina

Esta iniciativa proporciona ao Servizo Galego de Saúde información de calidade para a toma de decisións orientadas a frear o avance da pandemia

O proxecto enmárcase na convocatoria lanzada pola Xunta de Galicia en marzo de 2020 para impulsar propostas innovadoras que puidesen ser transferibles aos profesionais sanitarios, a industria ou o comercio para dar resposta á situación xerada pola covid-19

O Goberno galego ten destinado ao redor de 14 millóns de euros para facer fronte desde a investigación e a innovación á situación provocada pola pandemia, nos que se enmarcan os preto de 750.000 euros ao impulso de oito proxectos innovadores, entre o que se conta a cartografía de risco desenvolvida pola USC

Adicionalmente, o Goberno autonómico está a traballar nunha nova liña de axudas, dotada con 4M€, dirixida a empresas e organismos de investigación para desenvolver proxectos de I+D+i específicos de Covid-19, nos ámbitos estratéxicos dos Hubs galegos de innovación dixital (Conecta Covid)