Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.018 novas da C. de Economía e Industria:

08/05/2024 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta amosa a súa decepción por que o Goberno só outorgue a metade dos fondos solicitados por Stellantis Vigo no Perte VEC II

Apunta que Stellantis solicitara neste perte 40M€ e só se lle asignaron por parte do Ministerio de Industria e Turismo 20M€ en axudas directas

07/05/2024 | 18:49 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avalía con Cluergal novas vías de colaboración para continuar reforzando o sector

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia

06/05/2024 | 19:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana achega ao estudantado a política económica e industrial da Xunta como garante dun emprego de calidade para os vindeiros anos

Subliña a importancia de apoiar a base industrial para incrementar as oportunidades laborais das persoas que agora están formándose e impulsar o talento galego

06/05/2024 | 14:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

Rueda resalta que se financian co Fondo de Transición Xusta, destinado ás zonas máis afectadas pola descarbonización como é o caso da provincia coruñesa tras o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama

03/05/2024 | 15:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia do efecto tractor das grandes empresas galegas para impulsar a saída ao exterior de pemes e autónomos

A directora do Igape, Covadonga Toca, visita en Nigrán as instalacións de Marine Instruments, que potenciou a súa presenza nos Estados Unidos cunha misión comercial levada a cabo no marco da liña para grandes empresas do Foexga

03/05/2024 | 12:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha mobilidade sustentable avanzando no vehículo eléctrico e o uso do hidróxeno e os biocombustibles

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Vigo na apertura dun foro organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)

02/05/2024 | 16:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega

A conselleira de Economía e Industria visitou en Vigo as instalacións desta compañía, da que forman parte máis de 20 empresas que integran a pesca, a transformación e a comercialización de produtos do mar

30/04/2024 | 17:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida ás empresas a investir en seguridade industrial para protexer as persoas traballadoras e limitar os riscos de danos materiais

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, clausurou un encontro sobre a xestión do risco na industria da reciclaxe organizado pola Fundación Inade e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais

30/04/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela ao traballo coordinado entre Xunta e concellos emprendedores para incentivar a actividade empresarial en Galicia

Destaca que a figura dos Concellos Emprendedores vai ser moi importante nesta lexislatura en que a Xunta vai redobrar a súa aposta pola industria