Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 495 novas
Feijóo refírese ás Aulas Newton como a constatación da aposta de Galicia pola innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de alumnos alimentar a súa vocación tecnolóxica
21/10/2019 13:56

Feijóo refírese ás Aulas Newton como a constatación da aposta de Galicia pola innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de alumnos alimentar a súa vocación tecnolóxica

Salienta que este proxecto fomentará un coñecemento científico-técnico que servirá para formar aos futuros profesionais do I+D e da industria de Galicia

Resalta o compromiso de converter Galicia nun referente no sector aeronáutico co Polo aeroespacial de Rozas

Agradece o compromiso de empresas como Boeing e First Scandinavia e administracións que fixeron posible que esta iniciativa se consolidase

Incide na importancia de seguir atraendo empresas punteiras do sector aeronáutico, fomentando vocacións e reforzando o labor dos centros de coñecemento e impulsando unha formación atenta ás necesidades da industria

O programa da Xunta Talento Sénior impulsa a incorporación de 15 profesionais de alta cualificación a empresas e centros de coñecemento
20/10/2019 12:09

O programa da Xunta Talento Sénior impulsa a incorporación de 15 profesionais de alta cualificación a empresas e centros de coñecemento

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución desta iniciativa, á que se destina preto dun millón de euros co obxectivo de fomentar a atracción e o retorno de talento

Os doutores e especialistas contratados contan cunha media de 11 anos de experiencia en diferentes ámbitos da I+D+i, e máis da metade son mulleres

Seis profesionais regresan a Galicia desde Estados Unidos e diferentes comunidades autónomas

Desenvolverán a súa actividade en sectores como o naval, o pesqueiro, a saúde e a biotecnoloxía ou as tecnoloxías da información

As entidades beneficiarias recibirán un incentivo de 64.000 euros por cada un dos contratos, todos iguais ou superiores a tres anos e a maioría indefinidos

A iniciativa forma parte do programa Talento 2021, que busca xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia para actividades de I+D+i

19/10/2019 18:32

A Xunta apunta en Padrón a importancia de achegar aos consumidores a calidade dos mercados galegos

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na entrega de premios da terceira edición do concurso fotográfico 'Quere o teu mercado', impulsado pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal)

A imaxe gañadora, que recibiu unha tablet, foi elixida por un xurado de entre as máis votadas nas redes sociais

19/10/2019 11:33

A Xunta destaca como prioridade en materia laboral conseguir que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu hoxe en Vigo ao evento Mulleres con moito que dicir

A través do programa Emprega en feminino, o Goberno autonómico promove medidas para facilitar a incorporación laboral das mulleres, o seu desenvolvemento profesional e o fomento do emprendemento

18/10/2019 18:32

A Xunta destaca que a aposta pola produción de madeira de coníferas de alto valor xerará novas oportunidades para o sector forestal galego

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe, en Ponteareas, no curso ‘Silvicultura de coníferas para a produción de madeira de alto valor’

Esta iniciativa enmárcase na Estratexia de formación da industria forestal impulsada polo Goberno galego dentro da que se vén de resolver a orde de axudas para a realización de 130 accións formativas ao longo deste ano 2019

A Administración autonómica está fomentando a madeira local como elemento de construción nos seus edificios públicos

A Xunta aposta por un novo modelo de orientación laboral aberta a través das novas tecnoloxías
18/10/2019 18:01

A Xunta aposta por un novo modelo de orientación laboral aberta a través das novas tecnoloxías

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe na presentación do programa de formación en orientación laboral aberta, enmarcado nos cursos que o Consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria realiza co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Axenda20 contempla unha mellora do servizo de orientación tanto para as persoas demandantes de emprego como para as empresas para o que reforza a formación continua do persoal técnico

A Xunta sinala que o rocódromo de Expolugo é xa unha instalación de referencia a nivel estatal para a práctica da escalada
18/10/2019 14:52

A Xunta sinala que o rocódromo de Expolugo é xa unha instalación de referencia a nivel estatal para a práctica da escalada

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, visitaron hoxe as instalacións, que contaron cun apoio da Xunta de preto de 170.000 euros

A infraestrutura permite incrementar a oferta dos equipamentos deportivos da cidade, beneficiando tanto a actividade federada como o deporte base

Cumpre os requisitos do Comité Olímpico Internacional (COI) para a celebración de probas internacionais en formato olímpico

18/10/2019 14:17

A Xunta destina o próximo ano 15,4M€ ao Polo aeroespacial para seguir impulsando o desenvolvemento desta industria estratéxica para Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, explicou que os orzamentos de 2020 apostan pola formación e a innovación para crear emprego e contar cun tecido empresarial máis diversificado e competitivo

Os proxectos da aceleradora BFAero e o polígono empresarial que albergará Rozas axudarán a impulsar o emprendemento innovador no sector aeronáutico galego

Feijóo salienta que o exemplo de Galicia como estabilidade, futuro, compromiso co medio ambiente e colaboración é o que consegue atraer a valiosos mercados ao noso sector da automoción
18/10/2019 14:16

Feijóo salienta que o exemplo de Galicia como estabilidade, futuro, compromiso co medio ambiente e colaboración é o que consegue atraer a valiosos mercados ao noso sector da automoción

Destaca que será o primeiro vehículo producido por Toyota en España e que converterá a Galicia no lugar desde o que se centralizará a produción para toda Europa

Subliña que a nosa terra conta cun ecosistema de estabilidade entre o sector da automoción, a industria auxiliar e Administración autonómica

Traslada que a Xunta empuxará con 5 millóns de euros -repartidos en dous anos- a iniciativa de electrificación de vehículos de PSA

A Xunta reivindica en Viveiro o valor da innovación e a sustentabilidade da enerxía eólica no XX aniversario de Vestas
18/10/2019 13:44

A Xunta reivindica en Viveiro o valor da innovación e a sustentabilidade da enerxía eólica no XX aniversario de Vestas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na conmemoración dos vinte anos desde que a compañía danesa se instalase na Mariña lucense

Conde chamou a lograr un prezo eléctrico competitivo para o tecido empresarial galego, así como unha transición enerxética xusta e ordenada, sinalando á eólica como garante de futuro, nunha Galicia que o ano pasado consumiu un 86% de electricidade renovable

15 parques eólicos en explotación na Comunidade contan con máquinas procedentes da fábrica de Viveiro