Inicio > > Actualidade
Compartir

Compártao :

A Xunta apoia iniciativas como Eprox Marketplace para incentivar a comercialización en liña dos negocios de proximidade

Actualizado o: 21 setembro 2021 13:55
Fonte de información: Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas as instalacións desta empresa que xa presta servizo a máis de 600 comercios locais

Destaca a importancia de traballar para facer os proxectos de dixitalización do pequeno comercio máis accesibles e visibles, ao mesmo tempo que avogou pola colaboración público-privada para seguir contribuíndo nesta evolución do sector

San Cibrao das Viñas (Ourense), 21 de setembro de 2021.- O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá no polígono ourensán de San Cibrao das Viñas a empresa Eprox Marketplace, unha plataforma de venda online creada en 2018 para axudar á comercialización dixital das tendas de carácter local que xa presta os seus servizos a máis de 600 negocios.

Durante o encontro cos responsables da firma, Heredia destacou a importancia deste tipo de iniciativas para contribuír a facer os proxectos de dixitalización do pequeno comercio máis accesibles e visibles, ao mesmo tempo que avogou pola colaboración público-privada para seguir medrando nesta evolución do sector.

Así, recordou a aposta que está a facer a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, con varias liñas de axudas para impulsar as plataformas de venda online en produtos, por exemplo, como os agroalimentarios do rural galego. “Empresas como Eprox poden servir para establecer sinerxías cos pequenos produtores e comerciantes para axudarlles a seguir medrando”, indicou o director xeral de Comercio e Consumo, apuntando ás grandes vantaxes que supón o escaparate 4.0.

Nun escenario como o actual marcado pola recuperación económica tras a chegada da covid-19, Heredia precisou que é necesario incrementar a competitividade do comercio polo miúdo e de proximidade a través da súa modernización, co fin de que mellore a súa atracción comercial e adaptarse aos novos hábitos de consumo e á realidade social e sanitaria.