Inicio > > Actualidade
Compartir

Compártao :

A Xunta destaca o papel do recinto feiral estradense na dinamización económica da zona

Actualizado o: 17 setembro 2021 14:03
Fonte de información: Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración do 5º Salón do Vehículo de Ocasión que se celebrará ata o domingo

A Estrada (Pontevedra), 17 de setembro de 2021.- O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración do 5º Salón do Vehículo de Ocasión que se celebra no recinto feiral da Estrada ata o vindeiro domingo, 19 de setembro.

O director xeral destacou o importante papel que este recinto ten na dinamización económica da Estrada e no impulso do sector comercial da zona que está presente neste salón pero tamén nos distintos eventos que se realizan ao longo do ano.

Nesta ocasión, daranse cita un total de 15 firmas expositoras e preto de 400 vehículos de ocasión e tamén seminovos tanto eléctricos, como híbridos, diesel e gasolina. O horario será ininterrompido de 11 a 20 horas e o prezo da entrada será dun euro, sendo o acceso válido para todos os día que dura o evento.