Inicio > > Actualidade
Compartir

Compártao :

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo á clausura de Metal Industry and Technologies International Trade Fair (Mindtech)

A Xunta agradece á industria galega a súa vontade de colaborar na xeración de novas oportunidades e avanzar así na recuperación

Actualizado o: 16 setembro 2021 12:00
Fonte de información: Xunta de Galicia

Puxo en valor a feira Mindtech como escaparate da tecnoloxía e a innovación no sector do metal do Polo Ibérico, ao tempo que contribúe a abrir novas alternativas de negocio

Asegura que é o momento de apostar pola colaboración público-privada para identificar conxuntamente oportunidades e obxectivos nun contexto de transición ecolóxica e dixital como o actual

Traslada ao Goberno a importancia de contar cun PERTE específico para o naval onde teña cabida toda a cadea de valor galega

Vigo, 16 de setembro de 2021.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, quixo agradecerlle hoxe á industria galega a súa capacidade de resistencia e a súa vontade de colaborar para xerar as expectativas e confianza necesarias para avanzar na recuperación nun contexto de transición ecolóxica e dixital. Fíxoo durante o acto de clausura de Metal Industry and Technologies International Trade Fair (Mindtech), ao cal definiu como un gran escaparate da tecnoloxía e a innovación no sector do metal do Polo Ibérico, ao tempo que contribúe a abrir novas oportunidades de negocio.

Así, asegurou que Galicia ten todo o necesario para encarar a recuperación económica poñendo o foco na dixitalización e a sostibilidade, ao mesmo tempo que precisamente avogou pola colaboración público-privada para “identificar conxuntamente oportunidades e obxectivos”.

“O sector do mental é a columna vertebral da nosa economía, arredor da cal se xera I+D+i e innovación, grazas a outros sectores industriais que achegas talento innovador”, poñendo como exemplo o da automoción –1 de cada 5 coches que se fabrican en España saen de Vigo–; o naval –os contratos asinados en 2021 presentan un alto valor engadido (750M€)–; e no aeronáutico –co Polo Aeroespacial de Galicia que sitúa á Comunidade á vangarda do sector dos vehículos non tripulados–.

Neste contexto, Conde xustificou a necesidade de que estes tres sectores acaden o lugar que lles pertence no reparto dos fondos europeos Next Generation, ao mesmo tempo que invitou ao Goberno central a compartir a necesidade de contar cun proxecto estratéxico para a recuperación e a transformación económica (PERTE) para o sector naval onde teña cabida toda a cadea de valor desta industria fundamental para Galicia.

“O reto que temos por diante está na dobre transición ecolóxica e dixital e Galicia vai aproveitar todas as oportunidades que se lle presenten”, asegurou o vicepresidente económico, salientando que a Xunta de Galicia, no marco do Plan de reactivación, ten destinado xa 115M€ para impulsar a dixitalización do tecido produtivo.