Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.023 novas da C. de Economía e Industria:

11/05/2024 | 13:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou no municipio pontevedrés as instalacións de Moto Motion, que contou co apoio da Administración autonómica para a compra de dez motos eléctricas no marco do Moves III

10/05/2024 | 19:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca as posibilidades que ofrece o rural para o desenvolvemento dunha industria verde e sustentable

Subliña que industria e medio rural son perfectamente compatibles e, máis que nunca, complementarios, porque a industria que se basea en fontes renovables ten que asentarse alí onde está a materia prima

09/05/2024 | 18:28 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros destaca a formación e a colaboración como claves da capacidade de resposta da Xunta ante os ciberataques

A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde na apertura da xornada ‘Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial’, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra

09/05/2024 | 10:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa un novo programa para que as pemes galegas aposten por modelos de negocio máis sustentables e responsables

A liña, que abre hoxe o período de presentación de solicitudes, busca estimular proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)

08/05/2024 | 19:16 | C. de Economía e Industria

Lorenzana resalta o compromiso da Xunta co emprendemento innovador e o impulso ás startups

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou en Vigo na entrega dos Premios Emprende XXI, organizados por Caixabank e Enisa

08/05/2024 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta amosa a súa decepción por que o Goberno só outorgue a metade dos fondos solicitados por Stellantis Vigo no Perte VEC II

Apunta que Stellantis solicitara neste perte 40M€ e só se lle asignaron por parte do Ministerio de Industria e Turismo 20M€ en axudas directas

07/05/2024 | 18:49 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avalía con Cluergal novas vías de colaboración para continuar reforzando o sector

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia

06/05/2024 | 19:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana achega ao estudantado a política económica e industrial da Xunta como garante dun emprego de calidade para os vindeiros anos

Subliña a importancia de apoiar a base industrial para incrementar as oportunidades laborais das persoas que agora están formándose e impulsar o talento galego

06/05/2024 | 14:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña

Rueda resalta que se financian co Fondo de Transición Xusta, destinado ás zonas máis afectadas pola descarbonización como é o caso da provincia coruñesa tras o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama