Inicio > > Actualidade
Compartir

Compártao :

A Xunta pon en marcha o Plan de inspección de seguridade industrial co que levará a cabo máis de 1500 controis este ano

Actualizado o: 06 xuño 2021 14:00
Fonte de información: Xunta de Galicia

A iniciativa estará composta por catro programas e 200 das inspeccións realizaranse de maneira presencial

O obxectivo é comprobar a adecuación da posta en funcionamento e condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto aos regulamentos e normativas de seguridade que deben cumprir

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2021.- A Xunta de Galicia acaba de iniciar o Plan de Inspección de Seguridade Industrial 2021 no que se enmarcan máis de 1500 controis. O obxectivo é comprobar a adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade e normativas que lles sexan aplicables.

O Plan, posto en marcha desde a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, estará composto por catro programas de inspección: instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial; empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial; accidentes graves; e vixilancia de mercado.

Con máis de 1200 inspeccións previstas, o primeiro programa é o que engloba a maior parte dos controis, que se levarán a cabo, entre outros sectores, en instalacións eléctricas de baixa tensión e en instalacións térmicas en edificios (caldeiras de gasóleo), centros de transformación de particulares, construcións de almacenamento de produtos químicos, instalacións de seguridade contra incendios en establecementos industriais e ascensores. Un total de 200 inspeccións deste programa e do correspondente ao sector de accidentes graves levaranse a cabo de maneira presencial.
No caso das empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial
–segundo programa– levaranse a cabo 200 inspeccións e no plan de vixilancia do mercado un centenar.
As xefaturas territoriais da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación farán a selección dos establecementos, instalacións e actividades que sexan obxecto de inspección e dito Plan estará vixente ata o 31 de marzo de 2022.

PROGRAMAS
SECTORES
NÚMERO DE
INSPECCIÓNS
1

Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial

Instalacións eléctricas de baixa tensión

500

Instalacións térmicas en edificios: caldeiras de gasóleo

350

Centros de transformación particulares

200

Instalacións de almacenamento de produtos químicos

50

Instalacións de seguridade contra incendios que estean situadas en establecementos industriais

50
Ascensores
50

Estacións de servizo en réxime desatendido

*
2

Empresas instaladoras ou de mantemento no ámbito da seguridade industrial

Declaracións responsables de empresas instaladoras ou de mantemento no ámbito da seguridade industrial

200
3

Accidentes graves

Establecementos industriais afectados polo R.D. 840/2015, de 21 de setembro, no seu nivel superior e inferior

**
4

Vixilancia de mercado

Formigóns fabricados en central

100

 

* Todas as postas en servizo con anterioridade á data de entrada en vigor deste decreto.
**Todos os afectados con anterioridade á data de entrada en vigor deste decreto.