Inicio > > Novas
Compartir

Compártao :

A Xunta recoñece o traballo de seis centros de ensino no concurso Eduemprende Idea 2020

Actualizado o: 24 novembro 2020 12:34
Fonte de información: Xunta de Galicia

O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e fomentar así o emprendemento

Resultaron premiados equipos de Pontevedra, Lugo, A Coruña e Vigo, que recibirán en total 12.000 euros e poderán incorporarse a un viveiro de empresas da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico do Igape
 

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020.- A Xunta vén de resolver a concesión dos premios do concurso Eduemprende Idea 2020, o certame anual que busca estimular o emprendemento mediante a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

Como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), os seis equipos de estudantes gañadores recibirán un total de 12.000 euros, poderán incorporarse a un viveiro de empresas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e recibir asesoramento técnico do Igape para desenvolver os seus proxectos.

O certame, que naceu en 2015 no marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia (Eduemprende), ten como obxectivo implantar a cultura emprendedora na comunidade educativa. Así, busca dar resposta ás necesidades da sociedade e os cambios na concepción dos procesos de ensino e aprendizaxe, para reforzar os vínculos entre educación, empresa, investigación e innovación.

Os galardóns constan de dúas modalidades, A e B, dirixidas ao alumnado de ciclos de grao superior e de grao medio, respectivamente. En ambas as dúas modalidades o primeiro premio será de 3000 euros, o segundo de 2000 e o terceiro de 1000. Na modalidade A, dirixida a alumnado de ciclos de grao superior, resultaron premiados os seguintes centros e estudantes:

Premio
Centro
Proxecto
Autoría
IES Montecelo (Pontevedra)
Fulmar
Alba Meis Fernández
Tana Fuentes Padín
CIFP Politécnico de Lugo
Agrolucus
Elías Blanco Castro
Alejandro López Fontán
CIFP Someso (A Coruña)
Aqualar
Alejandro Calvelo Campelo
Alejandro Davila Silva
Carlos Filgueiras Díaz

Na modalidade B, dirixida a alumnado de ciclos de grao medio, resultaron premiados os seguintes centros e estudantes:

 

Premio
Centro
Proxecto
Autoría
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)
Mimasa
Sandra Rodríguez Barreiro
María Peón Lamas
Emilia Marín Sousa
CIFP Manuel Antonio (Vigo)
Tolemia
Beatriz Domínguez Vázquez
Marta Alonso Lago
IES Montecelo (Pontevedra)
Camiñando
Andrea Abal Martínez
José Carlos Rodríguez Danoz
Julián Sevilla Piedras

As persoas participantes deberon achegar coa solicitude unha ficha das e dos integrantes do grupo (mínimo de 2 e máximo de 4) e un proxecto de empresa, así como un resumo executivo e un vídeo do mesmo. A comisión avaliadora tivo en conta, entre outras características, a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, así como a coherencia e o carácter innovador.