Inicio > > Novas
Compartir

Compártao :

Pablo Casal toma posesión como novo secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Actualizado o: 11 setembro 2020 15:44
Fonte de información: Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020.- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presidiu hoxe a toma de posesión do novo secretario xeral técnico do seu departamento, Pablo Casal.

Conde valorou a súa experiencia e vocación de servizo público que, segundo dixo, é unha calidade que vai ser común a todos e cada un dos membros do Goberno galego.

O vicepresidente económico asegurou que esta lexislatura redobra o nivel de exixencia para calquera cargo público e que o esforzo e o nivel de traballo ten que ser máximo porque o gran obxectivo será a recuperación económica e social.