Inicio > > Novas
Compartir

Compártao :

A Xunta aproba 5 novos proxectos de pemes galegas que mobilizarán 1,8M€ para a fabricación de equipos de protección fronte á covid-19

Actualizado o: 10 xullo 2020 15:54
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no Comité de fabricación no que se avaliaron estas iniciativas

Un destes proxectos, presentado pola empresa Grafoplás del Noroeste, de Culleredo (A Coruña), suporá a creación de entre 8 e 20 postos de traballo

As iniciativas aprobadas hoxe céntranse na fabricación de máscaras e hidroxeles
 

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe nunha nova xuntanza do Comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores, que aprobou apoiar cinco novos proxectos de pemes galegas que van mobilizar 1,8M€ para a fabricación de medios de protección fronte á covid-19.

Unha desas iniciativas, presentada pola empresa Grafoplás del Noroeste, de Culleredo (A Coruña), é o primeiro proxecto que vai resultar beneficiado na convocatoria de axudas Inviste Covid, que a Xunta puxo en marcha con 5M€ para apoiar proxectos de prevención de maior envergadura. Esta empresa propón a posta en funcionamento dunha nova liña de actividade que vai supoñer a creación de entre 8 e 20 postos de traballo para a fabricación de máscaras cirúrxicas e FPP2, con válvula e sen válvula, cunha capacidade de produción estimada de 283.000 unidades diarias. Suporalle un investimento de 1,25 millóns de euros aos que a Xunta achega 800.000.

Xunto con este proxecto, tamén foron aprobados os da empresa Anovada, de Santiago de Compostela, que vai instalar unha nova liña para a fabricación de 40.000 máscaras FPP2 diarias, cun investimento superior aos 300.000 euros dos que a Xunta achega 100.000 euros de apoio. O de Generxia San Roque, de Cartelle (Ourense), con 34.000 euros de investimentos dos que 25.500 son en axudas, para a fabricación de hidroxeles, cunha capacidade de produción estimada de 2.000 botellas ao día. O da empresa coruñesa Moagula que, cunha axuda de máis de 21.000 euros, investirá un total de 63.000 euros para a fabricación e comercialización de máscaras reutilizables. E o da empresa Tecdisma, de Mos, que vai contar cunha axuda de 100.000 euros para fabricar máscaras hixiénicas desbotables, cun investimento total de case 160.000 euros.