Inicio > > Novas
Compartir

Compártao :

A Xunta destaca o peso do emprendemento feminino no rural galego e a importancia da industria agroalimentaria

Actualizado o: 14 maio 2020 17:29
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun novo encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun novo encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun novo encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun novo encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde nun novo encontro telemático do programa Mulleres Protagonistas

Traslada a aposta da Xunta polo medio rural e a necesidade de buscar novas oportunidades que permitan a reactivación económica

Máis do 57% da actividade emprendedora está liderada por mulleres, o que converte a Galicia na terceira Comunidade autónoma cunha maior taxa de emprendemento feminino
 

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta tarde o peso do emprendemento feminino no rural galego e a importancia e fortaleza da industria agroalimentaria da Comunidade, tras un novo encontro do programa Mulleres Protagonistas que se celebrou vía telemática con emprendedoras do rural galego.

Mulleres Protagonistas é un programa que naceu co obxectivo de reivindicar o papel crucial da muller no eido laboral e empresarial e, nesta ocasión, centrouse en compartir ideas sobre como abordar a nova situación derivada da crise sanitaria do Covid-19 e posibles medidas que se poderían poñer en marcha para darlle resposta.

Neste sentido, Conde destacou que máis do 57% da actividade emprendedora da Comunidade está liderada por mulleres, o que converte a Galicia na terceira do Estado cunha maior taxa de emprendemento feminino. Este crecemento reflíctese na diversidade de proxectos empresariais liderados por mulleres no rural galego. O conselleiro tamén puxo en valor a importancia e fortaleza da industria agroalimentaria galega que está tendo un importante papel nesta crise como actor clave dentro e fóra das nosas fronteiras.

Conde incidiu na aposta da Xunta polo medio rural con iniciativas como os impostos cero, as axudas á adquisición de vivenda, ou medidas para fomentar o emprego e o emprendemento como Aprol Rural, Aprol Economía Social ou os obradoiros de emprego.

Tamén trasladou a aposta da Xunta pola conciliación, o teletraballo e a formación como a mellor fórmula para compatibilizar a rendibilidade e a competitividade das empresas coas novas condicións de produción e traballo derivadas da crise do Covid-19.

Así, xunto ás medidas que o Goberno galego está activando para apoiar a liquidez de empresas e familias, protocolos de prevención sanitaria e plans de reactivación económica, Conde destacou a necesidade de seguir sumando iniciativas de apoio á igualdade e buscar novas oportunidades.