Compartir

Compártao :

A Xunta destaca que a calidade axuda ás empresas galegas a mellorar a competitividade nun mercado global

Actualizado o: 07 novembro 2019 13:58
Fonte de información: Xunta de Galicia

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na entrega dos premios a seis empresas galegas líderes en calidade organizada por Expourense con motivo do Día Mundial da Calidade

As empresas galardoadas pertencen ao sector alimentario, sanitario, educativo, social e outras sobresaen pola aposta ambiental e pola internacionalización

Ourense, 7 de novembro de 2019.- Por sétimo ano consecutivo e con motivo do Día Mundial da Calidade, baixo o lema ‘Calidade 4.0’ Expourense organizou a entrega dos dos premios “Líderes en calidade”. Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto de entrega destes galardóns ás empresas distinguidas como líderes en calidade. Mouteira subliñou que a calidade “ten que ser un concepto omnipresente en todo o proceso produtivo xa que achega valor engadido á xestión do negocio, serve para diferenciarnos da competencia e, en definitiva, axudan ás empresas a posicionarse nun mercado global”.
As empresas galardoadas son:
-Sector Alimentación: Cafés Lisboa (Ourense).
-Sector Sanitario: Unidade de Cardioloxía da Xerencia da Xestión Integrada de Santiago de Compostela do Sergas (A Coruña).
-Internacionalización: Grupo Cuevas (Ourense).
-Sector Educación: Fundación Paideia (A Coruña).
-Medioambiente: Grupo Aludec (Pontevedra).
-Servicios sociales: ASPANAES (A Coruña).
A delegada territorial felicitou ás entidades galegas distinguidas este ano como líderes en calidade e confiou que o seu exemplo “animará a outros empresarios a seguir modelos de xestión de calidade e ambiente, dinamizando o tecido empresarial galego”.