Compartir

Compártao :

Conde afirma que a automoción galega e a BFAuto son dous dos mellores exemplos dunha Galicia competitiva e innovadora

Actualizado o: 08 agosto 2019 13:19
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Lupeon
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Lupeon
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Lupeon
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Nort3D
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Nort3D
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Nort3D
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Lupeon
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Lupeon
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Lupeon
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Nort3D
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Nort3D
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, durante a visita á empresa Nort3D

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe no Porto do Molle, en Nigrán, dúas empresas, Nort3D e Lupeon, que participaron na aceleradora centrada na industria da automoción

Destaca que os proxectos desenvolvidos polas dúas compañías son sinónimos de talento, innovación e competitividade, tres aspectos que a BFAuto está achegando ao sector do automóbil en Galicia

O titular de Economía indica que a Xunta aspira a que a aceleradora sexa un referente na Unión Europea tras a renovación do convenio con Zona Franca de Vigo, VigoActivo, Ceaga e PSA para poñer en marcha tres novas edicións ata 2022

A BFAuto ten contribuído á creación de 35 novas empresas que xeraron 252 empregos e unha facturación de 33M€; de feito 8 de cada 10 firmas que están en fase de consolidación xa facturan no sector e o 30% das participantes xa exporta os seus produtos ou servizos

Nigrán (Pontevedra), 8 de agosto de 2019.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a BFAuto demostra que a Xunta cree na automoción galega e confía no seu potencial sinalando que o sector xunto coa aceleradora son dous dos mellores exemplos dunha Galicia competitiva e innovadora.

Nunha visita que realizou no Porto do Molle, en Nigrán, a dous das empresas participantes na BFAuto -Nort3D e Lupeon-, Conde indicou que os proxectos que desenvolveron as dúas compañías, vinculados ás novas tecnoloxías, son un exemplo do talento, innovación e competitividade, aspectos que a BFAuto está achegando á industria da automoción galega e que supoñen avances importantes en eidos como a sensórica, a cobótica, a impresión 3D ou a robótica para dar resposta ás principais necesidades do sector.

No caso de Nort3D, puxo en marcha o sistema Simaxsu que permite suxeitar e transportar pezas metálicas nas cadeas de produción utilizando unha tecnoloxía magnética en vez dos tradicionais sistemas de ventosas, aportando fiabilidade, optimización enerxética e redución de custos. Lupeon, pola súa banda, ten logrado reducir o peso das garras robóticas mellorando a súa axilidade, rapidez e produtividade. PSA, de feito, está incorporando ás súas instalacións produtos deseñados por esta firma no marca da aceleradora.

O titular de Economía resaltou que a Xunta traballa para que a BFAuto sexa un referente na Unión Europea despois de ter renovado o convenio de colaboración con Zona Franca de Vigo, VigoActivo, Ceaga e PSA, que permitirá convocar tres novas edicións da aceleradora ata 2022 e impulsar novos proxectos a través dun investimento de 13 millóns de euros, dos que a Administración autonómica achegará preto do 90% (11,1M€).

A BFAuto ten contribuído nas súas tres primeiras edicións á creación de 35 novas empresas que alcanzan os 252 empregos xerados e unha facturación de 33 millóns de euros. A previsión é que en 2020 a facturación acade os 71M€ e os 350 postos de traballo. Ademais, 8 de cada 10 empresas que están en fase de consolidación xa facturan ao sector e o 30% das participantes xa exporta os seus produtos ou servizos.

“O modelo de éxito da BFA é que traballa en contornas reais dando respostas e solucións innovadoras reais ao sector”, engadiu Conde. Lembrou, ademais, que é un modelo que se ten aplicado a outros ámbitos como o aeronáutico, o alimentario e o biotecnolóxico. Sinalou, así mesmo, que a aceleradora conecta o coñecemento coa propia industria para dar solucións innovadoras e facer o sector da automoción máis competitivo.

Conde puxo en valor a aposta da Xunta pola automoción, un sector que supón o 13% do emprego industrial con 22.300 postos de traballo, o 13,5% do PIB galego e o 25% das exportacións galegas. Ademais, 15 de cada 100 vehículos que se fabrican en España saen de Galicia o que, en palabras do conselleiro, demostra “·o saber facer da industria”. Para rematar, apuntou que a Xunta seguirá apoiando a este sector para que siga sendo un dos motores de crecemento económico galego, unha aposta que pasa, segundo subliñou, por acompañar á industria na súa transición cara o modelo de fábrica intelixente, investindo en innovación e formación. De feito, desde 2009, a Xunta concedeu a este sector axudas a proxectos por valor de 188,4 millóns de euros, que mobilizaron 822 millóns.

“O importante é que Galicia se siga diferenciando polo coñecemento, a innovación e a súa presenza nos mercados internacionais”, rematou.