A Xunta solicita ao Goberno que avalíe polo miúdo o ERE presentado por Siemens para tratar de impedir a súa execución
Conde traslada aos 215 traballadores e traballadoras afectados todo o apoio da Xunta na defensa dos seus intereses
Considera ilóxico que Siemens anuncie o peche da planta das Somozas e ao mesmo tempo pretenda optar á asignación dos fondos europeos Next Generation e ás posibilidades que se abren para a industria das renovables en Galicia
O Goberno galego solicitará ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que poña sobre a mesa alternativas industriais que axuden a reverter esta situación
Remarca que a transición ecolóxica debe entenderse como unha oportunidade e non como unha condena a sectores estratéxicos da economía galega
A Xunta e o Porto de Vigo colaboran para impulsar a reactivación económica e optar aos fondos europeos Next Generation
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña
Conde subliña que os fondos europeos poden contribuír a adaptar as infraestruturas portuarias aos obxectivos de crecemento sustentable, xerando valor económico, social e ambiental
Apunta que vai ser clave mellorar a capacidade loxística e a intermodalidade marítimo-terrestre do porto a través do Corredor Atlántico, polo que é indispensable que o Goberno priorice esta infraestrutura coa construción da saída sur que permitiría mellorar as conexións con Portugal e levar o tren ata Bouzas
A Xunta apoiará este ano 1.600 proxectos de enerxías renovables nos fogares galegos co obxectivo de conseguir aforros económicos de 900.000 euros anuais
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou está mañá, na sede do Inega en Santiago, as convocatorias de enerxías renovables e fotovoltaica dirixidas a particulares e comunidades de veciños cuxo prazo de solicitude se abrirá en marzo
Os apoios mobilizarán 13,5 M€, crearán 140 postos de traballo e permitirán reducir as emisións o equivalente á acción de 250.000 árbores
O Goberno galego xa abriu o prazo de solicitude das axudas de enerxías renovables e eficiencia enerxética dirixidas a empresas e autónomos dos sectores agrícola primario, industria e servizos
A Xunta confía en que os fondos europeos Next Generation permitan afianzar os grandes proxectos do Polo Aeroespacial de Galicia para os vindeiros cinco anos
Lembra que o Polo Aeroespacial de Galicia é un dos proxectos tractores que conforman a candidatura galega para optar a estas axudas europeas co obxectivo de seguir avanzando sobre tres piares: o tecnolóxico, o mercado e o marco regulatorio
Avanza que se afondará na cooperación con outras administracións e que se porá en marcha un programa de Compra Privada de Innovación
Adianta que seis proxectos baseados no uso de vehículos aéreos non tripulados xa están listos para implantar nos servizos públicos da Xunta
A Xunta destina un millón de euros á posta en marcha de oito proxectos que achegan solucións tecnolóxicas feitas en Galicia
A través do programa Maquinaria 4.0, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación incentiva aos fabricantes galegos de bens de equipo a converterse en provedores de tecnoloxía a nivel autonómico, nacional e internacional
As iniciativas mobilizarán 2,4M€ e desenvolverán produtos que ata o momento non se producían na Comunidade, dando resposta a necesidades de empresas tractoras da automoción, as conservas, a agroalimentación e a loxística
Este ano convocarase unha segunda convocatoria que tamén estará dotada cun millón de euros para apoiar as respostas a novos retos detectados a partir de consultas realizadas ao tecido produtivo galego
A Xunta aborda coa asociación eólica de Galicia e o clúster da madeira as oportunidades que achega a Lei de reactivación para estes sectores estratéxicos
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca que a futura normativa contribúe a un cambio da cultura administrativa, favorecendo a tramitación de proxectos e achegando ao mesmo tempo as máximas garantías técnicas e ambientais
Inclúe diferentes medidas que axudarán a estimular a economía, captar investimentos e xerar emprego no rural, incluíndo beneficios fiscais para as empresas que se implanten neste ámbito e simplificando as autorizacións administrativas para os parques eólicos
Ábrese unha xanela única de atención ao investidor: a Oficina Reactiva Galicia
A Xunta de Galicia concede apoios por 8M€ para impulsar a transformación dixital de máis de 600 pemes e facer fronte así aos novos retos económicos
Un total de 224 pequenas e medianas empresas recibirán preto de 3,7M€ en axudas que facilitarán a modernización e a mellora da súa competitividade, mobilizando 11,5M€ en investimentos en equipamento e software
Ademais, apóianse con 4M€ sete proxectos Industria 4.0 nos que participan 48 empresas lideradas por cinco clústeres de sectores estratéxicos
Por outra banda, achéganse 358.000 euros ao desenvolvemento de 22 talleres para a xeración de solucións tecnolóxicas e formas de colaboración para a posta en marcha de ferramentas dixitais e nos que se prevé que participen 360 pemes
Fernández-Tapias anima ao alumnado do Vigo Capacita VI a aproveitar a oportunidade formativa e laboral que se lles está a brindar
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á inauguración dunha nova edición deste taller de emprego no que se formarán 20 persoas durante os próximos 9 meses en cociña e servizo de atención en restaurante
Puxo en valor as políticas de emprego do Goberno autonómico cun investimento que roza os 12 millóns de euros no conxunto da comarca viguesa
Avogou pola colaboración entre administracións para impulsar entre todos unha Galicia con máis oportunidades laborais, máis igualitaria e máis sostible
Feijóo aposta por seguir impulsando a industria biotecnolóxica galega coa selección de tres iniciativas estratéxicas por un importe de 445 M€ para optar aos fondos europeos Next Generation
Á marxe destes tres proxectos, salienta que a Xunta propón dúas iniciativas máis: unha para impulsar a rede galega de hubs de innovación dixital e outra para a creación dun centro de fabricación propia de medicamentos de terapias avanzadas
A Xunta avalía cos comerciantes de Vigo as principais liñas de apoio para reforzar a competitividade deste sector estratéxico
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro con representantes das asociacións locais, que lles achegaron as súas propostas
A dixitalización e a innovación son algunhas das claves coas que traballa a Administración, xunto co reforzo do financiamento