Compartir
Compártao :
A CONSELLERÍA
Instituto Galego do Consumo e da Competencia
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) creouse co obxecto de desenvolver as actividades relacionadas coa defensa dos dereitos e intereses das persoas consumidoras e usuarias, e a garantía, promoción e preservación dunha competencia efectiva nos mercados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
No desempeño da súa actividade, exerce un conxunto de funcións específicas que contribúen á defensa dos/as consumidores/as e usuarios/as, protexendo os seus intereses mediante procedementos eficaces.
Os seus fins principais son:
- Orientar, formar e informar aos consumidores e usuarios sobre os seus dereitos e a forma de exercelos e de difundir o seu coñecemento, co fin de que sexan tidos en conta e respectados por todos aqueles que interveñan no mercado e por aqueles aos que poida afectar directa ou indirectamente en relación cos bens e servizos.
- Potenciar o establecemento e desenvolvemento das organizacións de consumidores e usuarios e asesoralas tecnicamente.
- Promover e levar a cabo os estudos que permitan unha adecuada prognose da problemática do consumo, así como levar a cabo ensaios comparativos, análises de laboratorio e, en xeral, todos os procedementos técnicos que se precisen para o mellor coñecemento dos bens, produtos e servizos que se lle oferten ao consumidor e ao usuario.
- Elaborar e difundir información para facilitarlles aos consumidores e usuarios a elección, con criterios de racionalidade, dos bens, produtos e servizos xenéricos máis adecuados ás súas necesidades.
- Impulsar a formación do cidadán como consumidor e usuario, propoñéndolles aos organismos competentes a adopción de programas de educación para o consumo nos distintos graos do ensino e realizar as actuacións necesarias para asegurar que a dita formación sexa permanente.
- Asesorar a Xunta de Galicia no desenvolvemento da normativa de todos aqueles aspectos que afecten ou poidan afectar aos consumidores e usuarios, promovendo a elaboración de normas para a súa defensa, achegándolle a información necesaria a este fin.
- Cooperar coas administracións públicas, atendendo de xeito especial as oficinas municipais de información ao consumidor con aquelas outras entidades de semellante ámbito competencial, por supoñer o servizo máis próximo ao cidadán e coordinar as súas actuacións coas dos concellos.
- Asesorar tecnicamente as oficinas de información ao consumidor e ao usuario da Administración local e colaborar con elas.
- A aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, segundo os criterios establecidos pola Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da Competencia.
- Preservar, garantir e promover a existencia dunha competencia efectiva nos mercados, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Exercer todas as funcións, competencias e potestades que sexan precisas para o desenvolvemento e exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia de protección das persoas consumidoras e defensa da competencia.
Toda a información
Normativa
- Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia Ligazón ao DOG
- Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos Ligazón ao DOG
- Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria Ligazón ao DOG
Ligazóns relacionadas
Contactos relacionados
- Teléfono de información ao consumidor
Teléfono: 900 231 123
Organización/s: Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Tema/s: Consumo
Colectivo/s: Consumidor/a