Inicio > A Consellería > Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

Decreto 135/2017, de 28 de decembro

Artigo 49. Atribucións

Á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, baixo a dirección e dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, corresponderanlle a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de intermediación e orientación laboral, promoción da empregabilidade e formación profesional para o emprego e, nomeadamente, as seguintes funcións:

  • O deseño, planificación e execución das medidas dirixidas á prestación dos servizos previstos na Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego e na Estratexia Española de Activación para o Emprego; a confección e execución dos correspondentes plans anuais de política de emprego, así como a formulación de propostas de inclusión de medidas e programas concretos.
  • A dirección e xestión das funcións atribuídas á consellería en materia de formación para o emprego, cualificacións profesionais e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo.
  • O exercicio das competencias para o reforzo da capacidade de actuación do Servizo Público de Emprego de Galicia, a súa modernización, infraestrutura, recursos humanos e materiais e soporte técnico.
  • A coordinación da participación das entidades colaboradoras, con e sen ánimo de lucro, na execución e desenvolvemento dos servizos de políticas activas de emprego, a través da colaboración público-privada.
  • A programación, o seguimento, o control e, se é o caso, a xestión dos programas mixtos de formación e emprego.
  • A coordinación da xestión e supervisión do funcionamento dos centros de formación, tanto propios como dependentes doutras entidades, así como a prestación da asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento das súas actividades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica.
  • As funcións de execución relativas ao cumprimento das obrigas de empresarios/as e traballadores/as e, de ser o caso, o exercicio da potestade sancionadora nas materias relativas ao emprego e desemprego.
  • As funcións que correspondan á consellería en materia de expedición de certificados de profesionalidade ou da acreditación parcial acumulable correspondente.
  • A resolución dos procedementos de inscrición e acreditación ou, de ser o caso, de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na súa normativa reguladora, así como a autorización dos centros previstos no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseado neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolven actividades que emiten gases fluorados, sen prexuízo das competencias doutros órganos directivos.
  • O exercicio das competencias atribuídas pola normativa reguladora dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia competencia da dirección xeral.
  • A elaboración do anteproxecto do orzamento e a memoria de funcionamento do seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.
  • A expedición e rexistro das habilitacións profesionais, sen prexuízo das competencias doutros órganos directivos.
  • O exercicio das competencias previstas no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, sen prexuízo das que corresponden a outras administracións competentes.
  • O desenvolvemento da normativa que contribúa á ordenación e regulación dun sistema de formación profesional que responda ás necesidades de formación e cualificación das persoas co fin de promover a aprendizaxe ao longo da vida.
  • A xestión e execución do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e vías non formais de formación.

Artigo 50. Estrutura

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

  • Subdirección Xeral de Orientación Laboral
    • Servizo de Orientación Laboral
    • Servizo de Intermediación
    • Servizo de Programas Mixtos
  • Subdirección Xeral de Promoción Laboral
    • Servizo de Planificación da Promoción Laboral
    • Servizo de Xestión Administrativa da Promoción Laboral
  • Subdirección Xeral das Cualificacións
    • Servizo de Acreditación das Cualificacións Profesionais
    • Servizo de Observatorio do Emprego
  • Centro de Novas Tecnoloxías
Organización/s: Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral