Compártao :
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Decreto 175/2015, do 3 de decembro
Artigo 31. Atribucións
Á Dirección Xeral de Comercio e Consumo correspóndelle a planificación, coordinación e control das competencias da Consellería en materia de comercio interior e exterior, artesanía e consumo; a planificación e desenvolvemento das estruturas comerciais, feiras, mercados e lonxas, agás as pesqueiras en primeira venda; a tutela e coordinación das actividades das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación e mais a intervención en materia de prezos sobre os cales se deba pronunciar a Comisión de Prezos de Galicia.
Artigo 32. Estrutura
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:
- Subdirección Xeral de Comercio. Contará para isto coas seguintes unidades:
- Servizo de Ordenación.
- Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.
A persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo tamén o será da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, e asumirá as atribucións que lle determina o Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos.
Normativa
Contactos relacionados
- Dirección Xeral de Comercio
Correo-e: cei.dxc@xunta.gal