Inicio > Áreas

Traballamos para facilitar os teus obxectivos, axudando á túa empresa ou ao teu comercio, contribuíndo a financiar os teus proxectos innovadores, apoiándote como consumidor, respaldando a internacionalización da túa compañía, e impulsando o mellor aproveitamento dos nosos recursos enerxéticos e mineiros.

Emprendemento

Favorecemos o emprendemento, achegando liquidez para o desenvolvemento das actividades empresariais, proporcionando información sobre os trámites de constitución dunha empresa, o plan de negocio, a elección da forma xurídica, as ferramentas para emprender, etc.

Innovación

A Axencia Galega de Innovación incorpora unha nova cultura de xestión con maior flexibilidade e dirixida á obtención de resultados, para conseguir unha maior eficiencia na articulación dos seus instrumentos de apoio e o desenvolvemento das políticas públicas.

Internacionalización

Apoiamos as iniciativas de internacionalización das empresas galegas cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino.

Enerxía

Impulsamos iniciativas para o fomento do uso racional da enerxía, optimizando a súa xestión nos distintos eidos económicos e desenvolvemos actuacións para a mellora da investigación enerxética en Galicia.

Comercio

Desenvolvemos programas de promoción e fomento do comercio e das axudas destinadas a estes fins, así como o impulso do asociacionismo en colaboración con outras institucións.

Consumo

Protexemos ao consumidor, na defensa dos seus dereitos e intereses, facendo cumprir a normativa reguladora a través de inspeccións e control da calidade dos establecementos, bens e servizos, en consecuencia de reclamacións ou de oficio.