Sabías que ...podes achegarlle as túas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para participar no deseño da súa oferta formativa?

Colaboramos coas entidades que imparten cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial, establecendo as condicións e requisitos que se deben observar para a súa actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estratexia autónomo 2020

A Xunta activa a Estratexia Autónomo 2020 cun total de 160 millóns para os próximos 4 anos -40 millóns ao ano- co obxectivo de apoiar de media máis de 10.000 traballadores cada ano, o que supón un incremento do 45 % sobre a última lexislatura. O documento contén 20 actuacións das que a metade son novas na Comunidade e se porán en marcha ao longo deste ano. A nova estratexia actívase xa con preto de 20 millóns de euros en axudas para o establecemento como autónomo e para a contratación indefinida de traballadores/as.

Participar en accións formativas de artesanía

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.es ou do fax 881 999 170.

Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial

Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio 2015

As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxectivo contribuír
á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito.

Axudas

Procedementos

+

Documentos

E ademais...

Datos abert@s