Sabías que ... Galicia conta con plans específicos para mellorar a formación en sectores industriais estratéxicos da nosa economía como a automoción, o naval e o forestal?

Programas mixtos de formación e emprego

Son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
 

Sistema de Formación Profesional

Comprende o conxunto de ensinanzas que capacitan para o desenrolo de profesións. Existen tres tipos de oferta de formación profesional: reglada, ocupacional e continua.

Busca de formación

Acceda ao buscador de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas e ocupadas.

Formación para o emprego

O obxectivo da formación para o emprego, que vai dirixida a persoas desempregadas, é cualificalas para a súa integración no mercado laboral.

Cualificacións

O Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia ponse en marcha baixo a dirección do Consello Galego de Formación Profesional (Decreto 110/1999, do 8 de abril, modificado polo Decreto 214/2003, do 20 de marzo), órgano consultivo e de participación dos axentes sociais e económicos do ámbito galego, que ten como obxectivo básico coordinar todas as ensinanzas e accións de formación profesional que se acometen ou vaian acometer na nosa Comunidade Autónoma, e faise necesaria a constitución do Instituto Galego das Cualificacións (Decreto 93/1999, do 8 de abril) como órgano de carácter técnico que executará, dentro das súas competencias, as liñas aprobadas polo Consello.

Competencias clave

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúe as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lle facilitará a súa inserción laboral.

Recoñecemento da experiencia profesional

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúen as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lles facilitarán a súa inserción laboral.

Certificados de profesionalidade

Os certificados de profesionalidade teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e acreditan as correspondentes cualificacións profesionais ás persoas que os obteñen.

Especialidades formativas

Acceso ao buscador de especialidades formativas. Pode realizar buscas por código, título, nivel de cualificación da especialidade ou familia (agraria, comercio, enerxía, imaxe...)

Unidades de formación en empresas

A  Xunta convoca este ano unha nova edición das Unidades Formativas na Empresa, unha iniciativa coa que financia o 100% da formación que se imparte aos traballadores e ás traballadoras, permitindo atender as demandas reais do tecido produtivo galego. Deste xeito, as terceiras convocatorias dos programas para ocupados e desempregados contan cun orzamento de 3,5 millóns de euros para formar a 2.000 traballadores e persoas sen emprego en 160 unidades formativas. Do que se trata con esta medida é de dar resposta aos novos perfís profesionais que están xurdindo do novo modelo económico baseado nas novas tecnoloxías.
 

Gases fluorados

A Consellería competente para expedir os certificados de empresa é a Consellería de Economía, Emprego e Industria, mentres que os certificados persoais os expiden a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Procedementos

  • Non hai procedementos
  • Non hai procedementos