Sabías que ...cos préstamos Jeremie a Xunta mobilizará 15 millóns de euros para que as pemes galegas impulsen novos investimentos empresariais?

Promovemos os investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio.

Plan de acción para a captación de investimentos en Galicia

A Xunta ten en marcha o Plan de Acción para a Captación de Investimentos en Galicia, unha estratexia pioneira que permitirá reforzar a posición de Galicia como unha terra de oportunidades.

Como conseguir financiamento

A traves da posta a disposición de préstamos e microcréditos así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Axudas e subvencións da consellería

Nesta sección atoparás todas as axudas publicadas por estado e un histórico delas. Tamén podes consultar as específicas do Igape, da DX de Comercio, da DX de Enerxía e Minas e da Axencia Galega de Innovación.

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Proporcionar recursos a medio e longo prazo

O Capital Risco é unha actividade financeira que consiste en proporcionar recursos ás empresas, a medio e longo prazo, pero sen vocación de permanencia ilimitada. Desde o punto de vista financeiro, supón un incremento dos fondos propios, engadindo credibilidade e estabilidade financeira, e desde o punto de vista interno da empresa promove a profesionalización da xestión empresarial, colaborando na procura de financiamento adicional, apoiando a internacionalización e outros servicios.

Axudas

+

Normativa

Procedementos

+

Documentos