Sabías que ...os 9,3 millóns de euros que veñen de destinarse á implantación de preto de 1.000 novos equipos incrementarán o consumo de biomasa en Galicia nun 30% anual de aquí ao ano 2020?

Impulsamos iniciativas para o fomento do uso racional da enerxía, optimizando a súa xestión nos distintos eidos económicos e desenvolvemos actuacións para a mellora da investigación enerxética en Galicia.

Reduce a túa factura enerxética

A Xunta de Galicia está a traballar para diminuír o gasto enerxético das familias a través de varios programas.

Fomentar a xeotermia e outras enerxías renovables

A Xunta de Galicia mobilizará preto de 4,5 millóns de euros no fomento da xeotermia e outras renovables en empresas, fogares e administración pública. Deles, 1,3 millóns destinaranse para a implantación no rural galego de 300 equipos de xeotermia, aerotermia e solar térmica que supoñen importantes aforros económicos e levan aparelladas vantaxes medio ambientais. Os novos equipos de xeotermia e aerotermia acadan aforros económicos de ata o 70% en comparación con outras fontes de enerxía.

Aforrar enerxía no sector publico

O sector público debe liderar a aposta pola eficiencia enerxética, e neste senso o Goberno galego está a impulsar unha estratexia global para a potenciación do aforro e da eficiencia en todos os sectores económicos en especial no eido público, poñendo a Galicia á vangarda neste eido.

Impulsar a industria da biomasa

A Xunta de Galicia ten activada unha estratexia de impulso da biomasa co obxectivo de potenciar unha industria asociada á valorización enerxética deste recurso que comprende tanto a transformación como a distribución e instalacións de caldeiras para o emprego da biomasa como fonte de calor en fogares e empresas.

A reutilización dos residuos xerados nos nosos montes contribúe a fixar emprego no rural e permítenos a posta en valor dos mesmos cunha fonte de enerxía limpa, autóctona e barata que hai que aproveitar.

Calidade no subministro eléctrico

Para determinar a calidade do servizo de enerxía eléctrica tense en conta o conxunto de características, técnicas e comerciales, inherentes ao suministro eléctrico que son esixibles polos consumidores e polos órganos competentes da Administración.

Puntos de subministración de gas canalizado

O Goberno galego traballa no desenvolvemento dunha política enerxética na que a gasificación da Comunidade se considera prioritaria para avanzar na mellora da calidade de vida da cidadanía e no incremento da competitividade do tecido empresarial galego.

Certificación enerxética de edificios

Desde o martes 21 de xaneiro de 2014 o responsable dos procedementos relacionados ca certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia é o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Balance enerxético de Galicia

O obxectivo dos balances enerxéticos é informar sobre a orixe, autóctona ou importada, das distintas fontes enerxéticas que se transforman en Galicia, e a súa posterior distribución, comercialización e utilización como produtos enerxéticos finais.

Axudas

  • Non hai procedementos relacionados

Procedementos