Sabías que ... Galicia conta con aceleradoras especializadas en sectores como a automoción, o agroalimentario ou o aeroespacial?

Favorecemos o emprendemento, achegando liquidez para o desenvolvemento das actividades empresariais, proporcionando información sobre os trámites de constitución dunha empresa, o plan de negocio, a elección da forma xurídica, as ferramentas para emprender etc.

Como conseguir financiamento

A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Concellos emprendedores

A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.

Catálogos

Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.