Sabías que ... a Secretaría Xeral de Emprego propón e executa as directrices xerais do Goberno no ámbito das políticas activas de emprego, da política laboral, das relacións laborais e de seguridade e saúde laboral, da responsabilidade social empresarial, das cooperativas e doutras entidades de economía social, orientación e promoción laboral?

Esta sección mostra todos os servizos en materia de emprego ofertados dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Servizo Público de Emprego de Galicia

O Servizo Público de Emprego de Galicia é a denominación baixo a que a Xunta realiza as súas funcións de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego con eficacia, transparencia e rapidez.

Buscador de oficinas e entidades colaboradoras

O Servizo Público de Emprego de Galicia dispón dun buscador que lle permite localizar as oficinas nas que realizar calquera xestión relacionada con ese servizo e tamén as entidades relacionadas con el que existen nun concello concreto.

Calendarios laborais

Acceda ás seguintes ligazóns para consultar os calendarios laborais dos últimos anos. Incorporan todos os festivos sinalados como festas da Comunidade Autónoma de Galicia, festas laborais e festas laborais de carácter local.

Servizos ao demandante de emprego

Información sobre a demanda de servizos de emprego, a renovación de demanda (DARDE), ofertas de emprego, adscrición e confirmación de dispoñibilidade e modificación do currículum vitae.

Servizos para o/a empresario/a

Información sobre a creación de preofertas, a selección de candidatos/as, a solicitude de peche de ofertas e a creación e xestión de contratos.

Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na entrega da primeira edición dos galardóns, que recoñeceron o labor de Gadisa, Metal Ferrol, Feiraco, Porto Muiños, Conservas Calvo, Encapsulantes de Valor Añadido, a Autoridade Portuaria de A Coruña, Generadores Europeos e Ambical Proyectos.

Axudas ao emprego

O goberno galego impulsa a mellora do emprego de 13.000 galegos mediante un novo investimento de 49,3 millóns de euros.

Mellorar o tecido produtivo e o emprego

100 millóns de euros para a mellora do tecido produtivo

Estratexia autónomo 2020

A Xunta está desenvolvendo a Estratexia Autónomo 2020 á que destina 40 millóns anuais co obxectivo de apoiar de media máis de 10.000 traballadores cada ano, o que supón un incremento do 45 % sobre a última lexislatura. O documento contén 20 actuacións das que a metade son novas na Comunidade.

E ademais...