Sabías que ...o Instituto Galego de Consumo ten realizado nos dez primeiros meses do ano preto de 8.000 análises, atendido máis de 17.000 reclamacións e impulsado máis de 2.800 laudos?

Protexemos ao consumidor, na defensa dos seus dereitos e intereses, facendo cumprir a normativa reguladora a través de inspeccións e control da calidade dos establecementos, bens e servizos, en consecuencia de reclamacións ou de oficio.

Reclamar e denunciar

Dentro das relacións dos consumidores e usuarios cos empresarios poden producirse conflitos o que pode dar lugar a que se produza unha reclamación ou unha denuncia

Laboratorio de Consumo de Galicia

É o centro no que se realizan as análises e os ensaios sobre produtos industriais non alimenticios presentes no mercado, co fin de avaliar a súa conformidade coas regulamentacións técnicas referidas tanto á calidade como á seguridade.

Organizacións de consumidores e usuarios

As Organizacións de consumidores e usuarios son entidades de carácter privado, independentes, e constituídas sen ánimo de lucro

Actividade de promoción de vendas. As rebaixas

Enténdese por promoción de venda aquela na que a oferta comercial efectuada pola persoa comerciante ás persoas consumidoras se realiza en condicións máis vantaxosas que as habituais.

Educar no consumo responsable

Na Escola Galega de Consumo mantemos unha política activa de fomento, apoio e asesoramento a través de actividades de educación e formación no eido de consumo.

Axudas

Procedementos