Sabías que ...o Igape mobilizará 10 millóns en investimentos en 2015 para apoiar a renovación dos equipos produtivos das pemes, e así mellorar a súa competitividade?

Apoiamos todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.

Como conseguir financiamento

A traves da posta a disposición de préstamos e microcréditos así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Asesoramento para a creación de empresas

Poñemos á túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles.

Impulsar a competitividade

O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente

Apoio aos clúster

Promovemos unha estratexia de traballo en común cos clúster galegos para ofrecer unha imaxe conxunta cara ao exterior, buscar socios para proxectos europeos, formar para acadar a excelencia na xestión dos clúster e habilitar novos espacios compartidos para xerar novas sinerxías.

Cooperar co Norte de Portugal

Galicia ten no Norte de Portugal un forte aliado no impulso á innovación, á competitividade e á internacionalización das súas empresas. No marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a Consellería de Economía e Industria ten en marcha varios proxectos de cooperación transfronteiriza que permita aproveitar as sinerxias e o traballo conxunto entre as empresas, co apoio das administracións públicas.

Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial

Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Axudas

Procedementos

+

Documentos