Sabías que a Xunta está a apoiar a Laboratorios Esteve e ao grupo Biofarma da USC, liderado por Mabel Loza, para investigar novos fármacos contra a dor crónica?

Desenvolvemos programas de promoción e fomento do comercio e das axudas destinadas a estes fins, así como o impulso do asociacionismo en colaboración con outras institucións.

O recuncho do emprendedor comercial

Se queres montar un comercio ou negocio consulta todos os aspectos relacionados co emprendemento, dende elixir a forma xurídica, os trámites necesarios... así como as ferramentas de autodiagnose.

Fomento e apoio á remuda comercial

A través de diversos programas, como o Programa de Transmisión Comercial, queremos asegurar a continuidade daqueles negocios que veñen funcionando desde hai anos, ao tempo que se incentiva ás persoas emprendedoras que queren iniciar a súa andaina comercial nun negocio xa posicionado no sector e viable.

Inscribirse no Rexistro Galego de Comercio

A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia pode inscribirse na sección que corresponda do Rexistro Galego de Comercio

Comunicación dos concellos ao Rexistro Galego de Comercio

Os concellos son os encargados de comunicar ás licenzas de apertura de establecementos comerciais e as autorizacións de venda ambulante outorgadas ou, de ser o caso, as comunicacións previas ou declaracións de responsabilidade recibidas, así como a súa modificación.

Constituír unha asociación de comerciantes

As asociacións son agrupacións de persoas constituídas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democraticamente e sen ánimo de lucro.

Solicitar a marca "Artesanía de Galicia"

Se eres titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, podes solicitar a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas, papel, así como noutros modelos que sexan autorizados.

Actividade de promoción de vendas. As rebaixas

Enténdese por promoción de venda aquela na que a oferta comercial efectuada pola persoa comerciante ás persoas consumidoras se realiza en condicións máis vantaxosas que as habituais.

Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)

As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Certificarse coa marca Galicia Calidade

Galicia Calidade, é un selo de garantía de calidade certificada, que só se outorga a aqueles produtos ou servizos, que destacan polos atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero

Axudas

  • Non hai procedementos relacionados

Procedementos