Sabías que ...a nova Lei de Artesanía de Galicia impulsará o sector como unha actividade económica sustentable e xeradora de emprego?

Desenvolvemos programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.

Solicitar a marca "Artesanía de Galicia"

Se es titular dun obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia ou dun establecemento de venda de artesanía galega, podes solicitar a autorización para o uso do distintivo da marca "Artesanía de Galicia" en etiquetas e elementos promocionais tales como bolsas, carteis, caixas e papel, así como noutros modelos que sexan autorizados.

Obter a acreditación e renovación como obradoiro

Se tes a carta de artesán ou mestre artesán podes obter a cualificación de taller artesán presentando unha solicitude. Unha vez obtido dito documento de cualificación de taller artesán procederase á inscrición no Rexisto Xeral de Artesanía de Galicia.

Participar en accións formativas de artesanía

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal.

Comisión Galega de Artesanía

A Comisión Galega da Artesanía, creada en virtude do disposto no artigo 5 da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.

Catálogos

Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.