Axilizamos a prestación de servizos e reforzamos as inspeccións necesarias para impulsar a mellora da seguridade, da competitividade e da sostibilidade ambiental das empresas galegas.
Organismos de control (OCAs) para a seguridade industrial
Os organismos de control son aquelas persoas físicas ou xurídicas que, tendo capacidade de obrar e dispoñendo dos medios técnicos, materiais e humanos e da imparcialidade e independencia necesarias, poden verificar o cumprimento das condicións e requisitos de seguridade establecidos nos regulamentos de seguridade para os produtos e instalacións.
Obter unha declaración responsable
Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).
Obter un carné ou habilitación profesional
Os cambios no que respecta aos carnés profesionais incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos)
Comercializar e manipular gases fluorados
A Consellería competente para expedir os certificados de empresa é a Consellería de Economía e Industria, mentres que os certificados persoais os expiden a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar.
Realizar xestións e trámites na oficina virtual
A Oficina Virtual de Industria é a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.
Empresas rexistradas no ámbito da seguridade industrial
Consulta de empresas habilitadas no ámbito da seguridade industrial (instalacións de electricidade, gas, calefacción etc.) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial
Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Consultar tarxetas de inspección técnica
Para solicitar datos dunha Tarxeta de Inspección Técnica, prema en páxina web de Consulta de Tarxetas de Inspección Técnica. Abrirase unha páxina inicial onde deberá identificarse, introducindo o seu código de usuario e contrasinal de acceso. Para calquera dúbida durante o proceso, consulte o Manual de consulta de datos TIT.
Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)
As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
Certificado de reparación en taller habilitado
Nos últimos anos véñense detectando actividades de reparación de vehículos automóbiles en talleres clandestinos, que non están legalmente habilitados, tal e como se establece no Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes.
Actualidade
Axudas
- Prazo de presentación de solicitudes: 04/04/2018 - 03/05/2018 IN315A - Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do sector mineiro.ABERTO
Procedementos
- Prazo de presentación de solicitudes: Aberto todo o ano IN643B - Inscrición/modificación/baixa na sección 1ª 'estacións de servizo' no rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.ABERTO
- Prazo de presentación de solicitudes: 04/04/2018 - 03/05/2018 IN315A - Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do sector mineiro.ABERTO
Documentos
E ademais...
Preguntas frecuentes
- Oficina Virtual de Industria: Que beneficios obteño?
- Oficina Virtual de Industria: Que xestións podo facer?
Recursos en liña
- Consulta de instalacións de electricidade, gas, calefacción etc. habilitadas no ámbito da seguridade industrial
- Rexistro Integrado Industrial. Divisiones B e C. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo
- Consulta de entidades de formación no ámbito da seguridade industrial
- Instituto de Credito Oficial - ICO
- Programa de vixilancia da saúde dos traballadores/as autónomos/as do ISSGA
- Cevi Pyme. Centro de apoio á peme en xestión da propiedade industrial