Entidades habilitadas para impartir cursos de formación específica de protección contra incendios

Compartir

O Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios establece no seu anexo III, apartado 2, que as empresas instaladoras e/ou mantedoras de instalacións de protección contra incendios deberán contar dentro do seu persoal contratado, como mínimo, cun operario cualificado para cada un dos sistemas para os que están habilitadas, pudendo un mesmo operario estar cualificado para un ou varios sistemas.

 

A efectos de acreditar ante a Administración esta condición de persoal cualificado, o apartado 3 do anexo III establece distintas vías. Para o caso particular recollido no apartado 3.c.4º, requírese que o traballador acredite ter realizado, con aproveitamento, un curso de formación específico sobre as materias para as que acredita a súa cualificación, impartido por entidades habilitadas polo órgano competente en materia de industria da Comunidade Autónoma correspondente.

No apartado “Enlaces relacionados” desta páxina web, pódese consultar o listado actual das entidades recoñecidas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, como entidades habilitadas para impartir cursos de formación específica de protección contra incendios.