Compartir

Compártao :

FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Competencias clave

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúe as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lle facilitará a súa inserción laboral.

13ª Convocatoria de competencias clave para o acceso aos cursos formativos de certificados de profesionalidade

Resolución do 25 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados  de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

DOG núm. 44 - 04/03/2019

Publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas seguindo o calendario do anexo II da resolución (artigo 8).

O lugar de realización das probas o sábado 25 de maio 2019 será o Recinto Feiral Internacional de Silleda (Pontevedra).

As persoas admitidas teñen que acudir ao pavillón nº 2.

Os chamamentos comezan ás 9:00 horas para as probas da mañá (nivel II) e ás 15:30 h para as probas da tarde (nivel 3).

O pavillón terá 12 portas de entrada na quenda da mañá, e 6 portas na quenda da tarde; no buscador de portas pode consultarse o número de porta á que se debe acudir (para a entrada na porta realízase a comprobación da identidade con DNI, NIE ou pasaporte).

As persoas que solicitaron algún tipo de adaptación deben acudir á porta nº 1, nas dúas quendas.

Tamén hai paneis informativos -enriba da porta principal do pavillón 2- onde se pode consultar a porta de entrada.

Para axilizar ao máximo a entrada nas distintas portas e comezar o antes posible a realización das probas, é importante consultar previamente o buscador de portas.

Os/as participantes deberán traer documento acreditativo da súa identidade, bolígrafo negro ou azul e calculadora (para a proba de matemáticas).

Instituto Galego das Cualificacións

981 541 562 / 981 546 856
ctb.igcualif@xunta.es
 

 

 

Tema/s: Formación e cualificacións