Compartir

Compártao :

Guía de Escolas Obradoiro

Información xeral

Alumnos/as traballadores/as

Organismos promotores de proxectos

Estatísticas

 

Información xeral 

Que son?

As Escolas Obradoiro e as Casas de Oficios son centros de traballo e formación nos que mozos e mozas desempregados/as reciben formación profesional ocupacional en alternancia coa práctica profesional (traballo en obra real), co fin de que ao seu termo estean capacitados/as para o desempeño axeitado do oficio aprendido e sexa máis fácil o seu acceso ao mundo do traballo.

Os colectivos deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar inscrito/a na oficina de emprego como desempregado/a.
  • Non ter cumprido os 25 anos e ser maior de 16 anos.

 

Os Obradoiros de Emprego están incluídos dentro das medidas de apoio á creación de emprego e configúranse como un programa mixto de emprego e formación dirixido a desempregados/as de 25 ou máis anos. Os/as traballadores/as participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou servizos de utilidade pública ao interese social relacionados con novos nichos de emprego, posibilitando a súa posterior inserción laboral tanto por conta allea como mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.

Seguindo a mesma filosofía do Programa de Escolas Obradoiro e Casas de Oficios, os proxectos de Obradoiros de Emprego son promovidos por entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro (órganos, organismos autónomos e outros entes públicos da Administración xeral do Estado e das comunidades autónomas; entidades locais e os seus organismos autónomos; entidades con competencias en materia de promoción de emprego, dependentes de entidades locais e con titularidade íntegra correspondente a estas; consorcios; asociacións; fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro).

Tamén coa mesma metodoloxía integradora que o Programa de Escolas Obradoiro e Casas de Oficios, os Obradoiros de Emprego realizan obras ou servizos de utilidade pública ou social que posibilitan aos/ás traballadores/as participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación ocupacional recibida, relacionada co devandito traballo, procura a súa cualificación profesional e favorece a súa inserción ou reinserción laboral. Estas obras ou servizos están relacionadas con novos nichos de emprego, como servizos de utilidade colectiva, servizos de ocio e culturais e servizos personalizados de carácter cotián. Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónanse orientación e asesoramento e información profesional e empresarial.

Subir ↑

  

Que ofrecen?

Aos participantes como alumnos/as:

  • Formación profesional nunha especialidade.
  • Práctica e experiencia profesional nas ocupacións nas que se formen.
  • Formación xeral para alcanzar os niveis de educación obrigatoria, no seu caso.
  • Información sobre técnicas de procura de emprego e orientación laboral.
  • Formación sobre autoemprego e creación de pequenas empresas.
  • Formación en prevención de riscos laborais.
  • Módulo de alfabetización informática.

 

A directores/as, docentes e persoal de apoio:

  • Un traballo atractivo relacionado coa formación da mocidade e a recuperación do seu contorno.
  • Experiencia laboral e acceso ao primeiro emprego para moitos/as titulados/as.
  • Reinserción laboral a profesionais cualificados en desemprego e que desexen dedicarse a áreas de formación profesional.
  • Perfeccionamiento técnico e formación en metodoloxía didáctica.

 

Ao entorno no que se desenvolven:

  • Recuperación e posta en valor de espazos rehabilitados.
  • Promoción de actividades de servizos relacionadas coa terceira idade e grupos desfavorecidos.
  • Integración da mocidade na súa contorna social e fixación da poboación.
  • Dinamización social da súa zona de influencia, potenciando recursos xeradores de emprego.

    

Subir ↑

  

Duración e contidos

As Escolas Obradoiro teñen unha duración de entre un e dous anos e constan de dúas etapas:

  • Na primeira, de seis meses, os/as alumnos/a reciben formación profesional teórico-práctica, así como os coñecementos necesarios para evitar os riscos laborais no traballo. Durante este período reciben unha axuda económica en concepto de bolsa de formación.
  • Na segunda, de entre seis e dezaoito meses, os/as alumnos/as traballadores/as subscriben un contrato de traballo para a formación coa entidade promotora, polo que reciben o 75% do salario mínimo interprofesional vixente cada ano, realizan un traballo de utilidade pública e social e continúan co proceso formativo iniciado na primeira parte.

 

As Casas de Oficios teñen unha duración dun ano e constan de dúas etapas:

  • Na primeira, de seis meses, os/as alumnos/as reciben formación profesional teórico-práctica, así como os coñecementos necesarios para evitar os riscos laborais no traballo. Durante este período reciben unha axuda económica en concepto de bolsa de formación.
  • Na segunda, de seis meses, os/as alumnos/as traballadores/as subscriben un contrato de traballo para a formación coa entidade promotora, polo que reciben o 75% do salario mínimo interprofesional vixente cada ano, realizan un traballo de utilidade pública e social e continúan co proceso formativo iniciado na primeira parte.

 

Os Obradoiros de Emprego teñen unha duración mínima de 6 meses e máxima de 1 ano.

Unha vez transcorrido o prazo concreto de duración previsto na resolución aprobatoria do proxecto, enténdese finalizado o Obradoiro de Emprego, polo que os contratos celebrados nunca poden exceder o tempo máximo de duración do proxecto.

Durante o desenvolvemento do Obradoiro de Emprego, os/as traballadores/as participantes, ademais de subscribir un contrato coa entidade promotora desde o seu inicio, reciben una formación profesional ocupacional adecuada á ocupación a desempeñar, en alternancia co traballo e a práctica profesional.

O tempo dedicado á formación teórica é computado a todos os efectos como xornada efectiva de traballo.Subir ↑

   

Como se solicita?

Cando unha entidade das enumeradas no apartado anterior desexe promover unha Escola Obradoiro ou Casa de Oficios, deberá presentar ante os servizos públicos de Emprego, estatal ou autonómicos, a seguinte documentación:

  • Solicitude de aprobación do proxecto e das subvencións correspondentes.
  • Memoria, que incluirá:
    • Obra ou servizo a realizar.
    • Plan de formación vinculado ao plan de obra ou servizo.
    • Custo total do proxecto especificando as achegas do ente promotor e a subvención solicitada aos servizos públicos de Emprego estatal ou autonómicos.
    • Documentación identificativa da personalidade xurídica da entidade solicitante.
    • Certificación de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
    • Certificación acreditativa das fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non subvencionen os servizos públicos de Emprego estatal ou autonómicos.
    • Para as entidades sen ánimo de lucro, escritura pública de constitución, inscrición no rexistro correspondente e estatutos que acrediten a súa condición de entidade "sen ánimo de lucro".
    • Informe sobre estratexias de desenvolvemento e perspectivas de emprego dos/as beneficiarios/as do proxecto.
    • Documento acreditativo da titularidade xurídica do obxecto de actuación e a súa dispoñibilidade para a execución da obra ou servizo previsto. No caso de titularidade privada, documento de cesión para uso público por un prazo non inferior a 25 anos.
    • No caso de corporacións locais, deberase achegar certificación do acordo de aprobación do proxecto e da solicitude de subvencións polo órgano competente.

 

Cando unha entidade das definidas con capacidade para promover un proxecto de Obradoiro de Emprego desexe colaborar co Servizo Público de Emprego Estatal, deberá presentar ante a Dirección Provincial do mesmo unha solicitude de aprobación do proxecto e das subvencións correspondentes para aqueles casos nos que a competencia non estea transferida ás CC AA.

Se a comunidade autónoma ten xa asumidas as competencias de xestión do programa, a solicitude de participación efectuarase ante os departamentos correspondentes dese goberno autónomo.

O procedemento e a documentación que se precisa é a que contén a memoria, que incluirá:

  • Obra ou servizo a realizar.
  • Plan de formación vinculado ao plan de obra ou servizo.
  • Custo total do proxecto especificando as achegas do ente promotor e a subvención solicitada aos servizos públicos de Emprego estatal ou autonómicos.
  • Documentación identificativa da personalidade xurídica da entidade solicitante.
  • Certificación de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
  • Certificación acreditativa das fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non subvencionen os servizos públicos de Emprego estatal ou autonómicos.
  • Para as entidades sen ánimo de lucro, escritura pública de constitución, inscrición no rexistro correspondente e estatutos que acrediten a súa condición de entidade "sen ánimo de lucro".
  • Informe sobre estratexias de desenvolvemento e perspectivas de emprego dos/as beneficiarios/as do proxecto.
  • Documento acreditativo da titularidade xurídica do obxecto de actuación e a súa dispoñibilidade para a execución da obra ou servizo previsto. No caso de titularidade privada, documento de cesión para uso público por un prazo non inferior a 25 anos.
  • No caso de corporacións locais, deberase achegar certificación do acordo de aprobación do proxecto e da solicitude de subvencións polo órgano competente.

Subir ↑

  

Promotores

As entidades con capacidade para promover e desenvolver un proxecto de Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego son:

  • Órganos, organismos autónomos e outros entes públicos da Administración xeral do Estado e das comunidades autónomas.
  • Entidades locais e os seus organismos autónomos.
  • Entidades con competencias en materia de promoción de emprego dependentes o asimiladas a entidades kocais, cuxa titularidade corresponde integramente a estas.
  • Consorcios.
  • Asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

 

Chegar a facer un proxecto de Obradoiro de Emprego esixe tres requisitos fundamentais sen cuxa concorrencia non é posible a súa posta en marcha:

  • Uns colectivos de desempregados/as carentes de cualificación profesional e con especiais dificultades para acceder ao mundo do traballo.
  • Unha obra ou servizo a realizar, sobre a que os/as traballadores/as participantes van executar un traballo real e adquirir uns coñecementos profesionais necesarios, previstos no programa formativo, que os/as capacite no desempeño de unha ocupación. A obra ou servizo a realizar convértese nun espacio interactivo de formación progresiva, porque a evolución normal na execución da obra vai esixindo un nivel de coñecementos cada vez máis cualificado.
  • Que o territorio no que se vaia a desenvolver o Obradoiro de Emprego ofreza posibilidades reais de emprego para os/as participantes do proxecto.

Subir ↑

  

Financiamento

Os Servizos Públicos de Emprego subvencionan os seguintes gastos:

  • Os de formación profesional e funcionamento de todo o proxecto formativo e en concreto compensará de:
    • Os soldos e salarios e a Seguridade Social a cargo do/a empregador/a do persoal directivo, docente e de apoio.
    • O material e medios didácticos e de consumo.
    • O seguro de accidentes de alumnos/as.
    • Bolsas dos/as alumnos/as durante os seis primeiros meses de funcionamento.

 

Soldos, salarios e gastos da Seguridade Social a cargo do/a empregador/a, na parte que se determine, derivados dos contratos subscritos cos/as alumnos/as.

O resto das cantidades que non proporcionen os servizos públicos de Emprego corre a cargo da entidade promotora (adquisición de maquinaria, bens de equipo ou investimentos, outros materiais etc.).

Os gastos de formación e mantemento (módulos A e B, bolsas de alumnos/as) están cofinanciados polo Fondo Social Europeo; a porcentaxe que se financia varía en función da rexión onde se desenvolven os proxectos.

  • Rexión Obxectivo 1 - 65% cofinanciado.
  • Rexión Fóra de Obxectivo 1 - 40% cofinanciado.

 

(A partir do 17 de maio do 2004 tamén se cofinancian os gastos salariais dos/as alumnos/as, coa mesmo porcentaxe que os gastos de formación, é dicir, Obxectivo 1 - 65% cofinanciado e Fóra de Obxectivo 1 - 40% cofinanciado). Para cada unha das rexións o programa operativo é diferente, concretamente:

Dentro do Plan Financeiro, para o período 2000-2006, as E. Obradoiro e C. Oficios enmárcanse para as Rexións Obxectivo I no Eixo 42: Inserción e reinserción ocupacional dos desempregados; dentro deste Eixo, inclúense na Medida 42.8: Ofrecer vías de inserción profesional á xuventude. As Escolas Obradoiro e as Casas de Oficios nas Rexións Fóra de Obxectivo I enmárcanse no Eixo 1: Inserción e reinserción ocupacional dos desempregados; dentro deste Eixo, inclúense na Medida 1.3: Ofrecer vías de inserción profesional aos mozos e mozas.

Subir ↑

  

Alumnos/as traballadores/as 

Requisitos

  • Ter 16 anos cumpridos.
  • Ser español/a ou membro da Unión Europea (ou Espazo Económico Europeo), ou traballador/a non comunitario/a en posesión de autorización de residencia/traballo en vigor.
  •  Non estar imposibilitado/a para o traballo.

Subir ↑

 

Onde informarse

  • Nas Oficinas de Emprego de cada comunidade autónoma e nas Oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Nos Servizos Rexionais de Emprego das comunidades autónomas, así como no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Nas Escolas Obradoiro, Casas de Oficios e Obradorios de Emprego en funcionamento.
  • Nas páxinas web de cada comunidade autónoma.

Subir ↑

 

Que se fai?

Nunha Escola Obradoiro ou Casa de Oficios

Durante os seis primeiros meses:

  • Adquírense coñecementos teórico-prácticos da especialidade na que se vai a formar.
  • Apréndese a traballar con seguridade e a usar medidas preventivas para evitar riscos na profesión elixida.
  • Durante estes seis meses, o/a alumno/a recibe unha bolsa de 6,01 euros/día.
  • Para os/as alumnos/as que non alcancen os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, iníciase unha preparación especial co fin de obter a titulación mínima ao longo do proceso formativo.

 

Na segunda etapa (entre seis e dezaoito meses):

  • Os/as alumnos/as traballadores/as subscriben un contrato de traballo para a formación coa entidade promotora; realizan un traballo de utilidade público-social e reciben por iso un salario equivalente ao 75% do salario mínimo interprofesional anual establecido.
  • Ao mesmo tempo seguen o proceso formativo iniciado na primeira etapa, pero xa dunha forma máis práctica, traballando na obra ou servizo obxecto do proxecto. Un/unha monitor/a estará continuamente seguindo o traballo que realiza cada alumno/a traballador/a, establecendo as pautas e corrixindo os posibles defectos. O traballo que desenvolven os/as alumnos/as traballadores/as ao longo desta etapa debe seguir o ritmo esixido polo plan formativo.

Nun Obradoiro de Emprego

Desde o inicio do Obradoiro de Emprego, os/as traballadores/as participantes no programa son contratados/as pola entidade promotora do proxecto na modalidade de contrato para a formación. Como consecuencia desta relación laboral, realizan un traballo á vez que reciben a adecuada formación teórica de acordo co contido do proxecto aprobado.

Pola realización do seu traballo, perciben desde o inicio do proxecto unha retribución salarial como contraprestación ao traballo realizado. O importe da subvención salarial a cargo do Servizo Público de Emprego correspondente é igual a 1,5 veces o salario mínimo interprofesional establecido anualmente.

O contrato para a formación debe condicionar a súa vixencia máxima ao tempo de duración do proxecto.

Durante o desenvolvemento do Obradoiro de Emprego, os/as traballadores/as participantes reciben formación profesional ocupacional adecuada á ocupación a desempeñar, en alternancia co traballo e a práctica profesional.

O tempo dedicado á formación teórica é computado, a todos os efectos, como xornada efectiva de traballo.

Así mesmo, recíbese formación en alfabetización informática.

Subir ↑

 

Organismos promotores de proxectos

 

Requisitos

As entidades promotoras que desexen poñer en marcha o seu proxecto de Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego, ademais de reunir o requisito de organismo público ou privado sen ánimo de lucro, deberán presentar ante os servizos públicos de Emprego que correspondan á súa provincia a seguinte documentación:

  • Solicitude de aprobación do proxecto e da subvención económica.
  • Memoria, que conteña como mínimo a seguinte información:
    • Identificación do ente promotor que solicita a aprobación.
    • Denominación da futura Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego.
    • Custo total do proxecto especificando as achegas do ente promotor e a subvención solicitada aos servizos públicos de Emprego estatal ou autonómicos.
    • Descrición detallada da obra ou servizo a realizar, que se configurará como elemento necesario para desenvolver a práctica profesional. Nos casos nos que sexa necesario, acompañarase proxecto básico de obra firmado polo/a técnico/a competente.
    • Plan formativo, por especialidades, e en relación co proxecto de obra ou servizo, de forma que se estableza a correspondencia entre itinerarios formativos e unidades de obra ou servizos a executar.
    • Custos máximos totais derivados da contratación de directores/as, docentes, persoal de apoio e alumnos/as, desagregados en períodos de seis meses.
    • Custos máximos totais necesarios para o funcionamento e xestión da Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego, desagregados en períodos de seis meses.
    • Ingresos, no seu caso, que se prevé que poida ter a Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego, como consecuencia da enaxenación dos bens que poida producir ou os servizos que poida prestar.
    • Importe da subvención que se solicita ao Servizo Público de Emprego que corresponda, unha vez deducidas as cantidades que se prevé ingresar.
    • Informe sobre as estratexias de desenvolvemento na zona, e perspectivas de emprego para os/as participantes.
    • Documentación que acredite a personalidade xurídica dos/as solicitantes e acreditativa para poder actuar en nome e representación da entidade promotora.
    • Certificación expedida polos organismos competentes e acreditativa de estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
    • Certificación que acredite que a entidade promotora dispón dos recursos económicos suficientes para facer fronte aos gastos necesarios para a realización do proxecto, na parte non financiada polo Servizo Público de Emprego correspondente.
    • No suposto de que a entidade promotora sexa unha asociación ou fundación sen ánimo de lucro, deberá achegar: escritura pública de constitución, estatutos e inscrición no rexistro correspondente, indicando a devandita condición.

Subir ↑

 

Obrigacións

Para que o proxecto de Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego aprobado polo Servizo Público de Emprego e executado pola entidade promotora chegue a bo fin, é necesario que o organismo promotor do proxecto corresponda apoiando en todo momento o bo funcionamento da Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego e:

  • Achegando a maquinaria, as ferramentas e os materiais non subvencionados polo SPEE e necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
  • Proporcionando as instalacións precisas para o desenvolvemento das prácticas laborais e para a impartición da formación teórica tanto ocupacional como complementaria.
  • Difundindo o Programa mediante a colocación de carteis publicitarios alusivos á Escola Obradoiro, Casa de Oficios ou Obradoiro de Emprego da localidade, nos lugares e co contido especificado na normativa reguladora do Programa.
  • Proporcionando orientación, asesoramento e información profesional.
  • Proporcionando roupa de traballo, así como os EPI imprescindibles para a formación ocupacional e a práctica laboral en cada caso.
  • Proporcionando formación mediante programas específicos para a obtención de titulacións mínimas en probas de acceso libre a aqueles/as que non as posúan.
  • Emitindo un certificado que acredite o itinerario formativo realizado.
  • Remitindo a acta de liquidación dos gastos realizados con devolución ao Servizo Público de Emprego das cantidades non consumidas.
  • Formación básica en novas tecnoloxías a facer un módulo de alfabetización informática.

Subir ↑

 

Financiamento

Os Servizos Públicos de Emprego subvencionan os seguintes gastos:

Os de formación profesional e funcionamento de todo o proxecto formativo, e en concreto compensará de:

  • Os soldos e salarios e a Seguridade Social a cargo do/a empregador/a do persoal directivo, docente e de apoio.
  • O material e medios didácticos e de consumo.
  • O seguro de accidentes de alumnos/as.
  • Bolsas dos/as alumnos/as durante os seis primeiros meses de funcionamento.
  • Soldos, salarios e gastos da Seguridade Social a cargo do/a empregador/a, na parte que se determine, derivados dos contratos subscritos co alumnado.

 

O resto das cantidades que non acheguen os Servizos Públicos de Emprego corre a cargo da entidade promotora (adquisición de maquinaria, bens de equipo ou investimentos, outros materiais etc.).

Os gastos de formación e mantemento (módulos A e B, bolsas de alumnos/as) están cofinanciados polo Fondo Social Europeo; a porcentaxe que se financia varía en función da rexión onde se desenvolven os proxectos.

  • Rexión Obxectivo 1 - 65% cofinanciado.
  • Rexión Fóra de Obxectivo 1 - 40% cofinanciado.

 

(A partir do 17 de maio do 2004 tamén se cofinancian os gastos salariais dos/as alumnos/as, coa mesma porcentaxe que os gastos de formación, é dicir, Obxectivo 1 - 65% cofinanciado e Fóra de Obxectivo 1 - 40% cofinanciado). Para cada unha das rexións o programa operativo é diferente, concretamente:

Dentro do Plan Financeiro, para o período 2000-2006, as E. Obradoiro e C. Oficios enmárcanse para as Rexións Obxectivo 1 no Eixo 42: Inserción e reinserción ocupacional dos desempregados; dentro deste Eixo inclúense na Medida 42.8: Ofrecer vías de inserción profesional aos mozos e mozas. As Escolas Obradoiro e as Casas de Oficios nas Rexións Fóra de Obxectivo I enmárcanse no Eixo 1: Inserción e reinserción ocupacional dos desempregados; dentro de este Eixo, inclúense na Medida 1.3: Ofrecer vías de inserción profesional aos mozos e mozas.

Subir ↑

  

Estatísticas 

 

Evolución das magnitudes básicas do programa, por anos

Toda a información que se inclúe baixo a denominación desta epígrafe fai referencia á participación que houbo en cada un dos anos nos que se desagrega.

 

Número de proxectos por ano:

  1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005
Escolas Obradoiro9499411.0431.0211.106973971907788873
Casas de Oficios450347468458374356288194181159
Obradoiro de Emprego   2335697921.0721.0581.0321.423
Unidades de Promoción e Desenvolvemento19184243565762666645

 

Número de prazas dispoñibles de alumnos por ano:

  1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005
Alumnos de Escolas Obradoiro39.38840.14344.63642.90944.86836.88836.40432.35027.22027.481
Alumnos de Casas de Oficios13.54410.33615.81415.21110.2149.4367.3457.0654.3573.556
Alumnos de Obradoiros de Emprego   4.94812.92318.50124.41923.79022.67829.505
Participantes de U.P.D.247235493517647655703720785495
Directores, docentes e persoal de apoio11.07410.48212.43313.11314.16013.89014.96914.34012.43414.060

 

Gasto total financiado por ano (en millóns de euros):

Ano Millóns de euros Ano Millóns de euros
1995249,152001452,90
1996250,552002472,89
1997271,282003475,72
1998314,512004493,76
1999353,622005494,91
2000411,38  

Subir ↑

  

Índices de participación por anos e sexos

 

Índices de participación de alumnos por anos e sexo en Escolas Obradoiro e Casas de Oficios:

Ano Alumnos participantes
por ano
% Homes % Mulleres
199548.66267,6232,38
199653.47467,6332,37
199750.71467,6732,33
199860.94365,4234,58
199960.32462,9837,02
200055.94662,8437,16
200149.13463,5536,45
200245.55563,1136,89
200338.21263,2439,76
200432.31864,8635,14
2005 67,3632,64

 

Índices de participación de alumnos por anos e sexo en Obradoiros de Emprego:

Ano Alumnos participantes por ano % Homes % Mulleres
19993.56343,7356,27
200011.39540,3259,68
200117.46836,5063,50
200222.13134,4465,56
200321.97633,5066,50
200420.78431,6768,33
2005 31,0368,97

Subir ↑

   

Índices de inserción laboral por anos e sexos

 

Índices de participación de alumnos por anos e sexo en Escolas Obradoiro e Casas de Oficios:

Ano Homes Mulleres Total
198966,3445,5460,26
199068,3449,9761,96
199165,4737,4455,61
199253,4728,5641,50
199352,1729,9542,15
199460,4135,3950,10
199566,3339,4756,88
199665,8544,1858,84
199773,8951,2866,71
199875,9557,5669,73
199978,6356,4369,38
200083,0466,5076,96
200182,4967,9077,19
200281,7567,1676,61
200382,4367,2076,84
200482,5767,8577,26

 

Índices de participación de alumnos por anos e sexo en Obradoiros de Emprego:

Ano Homes Mulleres Total
200065,1548,4655,84
200161,2049,9954,19
200267,9159,0662,22
200369,1459,0662,47

Subir ↑

 

 

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Formación e cualificacións