Compartir

Compártao :

Plan de eficiencia enerxética nas vivendas

O Goberno galego reforza o seu apoio ás familias destinando case 8 millóns a un programa que aposta pola mellora das infraestruturas –fiestras, cubertas, fachadas e ascensores-, e o emprego de fontes renovables como a biomasa, a xeotermia, a solar térmica e a aerotermia.

  • As diferentes liñas aforrarán preto de 4 millóns de euros a 3.500 fogares, mobilizando 20 millóns de euros na procura de construcións máis eficientes que permitan ao cidadán diminuír a súa factura enerxética
  • O plan dinamiza as actividades do sector dos instaladores, así como a industria da lousa, o granito e a tella, contribuíndo á creación e ao mantemento de postos de traballo  
  • Xunto aos beneficios enerxéticos e económicos, evitarase a emisión á atmosfera de 15.500 toneladas de CO2 anuais, o equivalente á plantación de 775.000 árbores  

Fiestras, cubertas e fachadas

No eido relativo á mellora das infraestruturas, foméntase o acondicionamento de fiestras, cubertas e fachadas, e a renovación de ascensores. Así:

  • actívase unha nova orde de axudas para a rehabilitación de ventás. Infórmate aquí.
  • o plan inclúe o Renove de lousa, granito e tella co obxectivo de fomentar a renovación de cubertas de edificios de vivendas empregando a lousa e as tellas, e a rehabilitación con granito das fachadas: tella, granito e lousa.
  • facilítase á renovación total ou parcial de ascensores pertencentes a comunidades de propietarios, ofrecendo aparellos máis seguros e eficientes que contarán, para a súa instalación, con axudas de ata o 50% do custo do proxecto.  Infórmate aquí.

Fontes renovables

Os fogares do rural galego contan este ano con 3 millóns de euros para impulsar a instalación de caldeiras de biomasa. Unha partida orzamentaria coa se implantarán arredor de 1.000 equipos no marco da Estratexia integral de impulso da biomasa en Galicia que está a desenvolver a Xunta, que contempla neste 2016 outros 5,5 millóns para o fomento deste combustible nas empresas e na propia administración.  Infórmate aquíaquí.

Xunto á biomasa, e tamén no ámbito rural, o plan promove a instalación de equipamentos de xeotermia, solar térmica e aerotermia. Neste sentido, renóvase a aposta pola implantación de equipamentos de xeotermia, que permite impulsar instalacións que xeran aforros económicos de ata o 70%. Ademais, inclúese unha vez máis a orde específica para a instalación de equipamentos térmicos de solar térmica e aerotermia.  Infórmate aquí.
 

Organización/s: Instituto Enerxético de Galicia - Inega
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Consumidor/a