Compartir

Compártao :

Concellos emprendedores

  • Concellos emprendedores

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para a creación dos Concellos Emprendedores.

Esta iniciativa, enmarcada dentro da nova Lei de implantación empresarial, ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para a nosa Comunidade.

Para ser Concello Emprendedor é preciso comprometerse a achegarlles ás empresas e aos/ás emprendedores/as:

  • Máis simplificación administrativa: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
  • Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.
  • Máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.

Actualmente, teñen preferencia en convocatorias de axudas que suman máis de 80 millóns de euros. 

Listaxe de Concellos Emprendedores de Galicia

A Coruña

(26 concellos)

1) Abegondo
2) Ames
3) Ares
4) Boiro
5) Boqueixón
6) Cabanas
7) Carballo
8) Coirós
9) Dodro
10) Fene
11) Frades
12) Laracha, A
13) Malpica de Bergantiños
14) Melide
15) Narón
16) Neda
17) Noia
18) Oleiros
19) Ordes
20) Oroso
21) Porto do Son
22) Rianxo
23) Ribeira
24) Santa Comba
25) Val do Dubra
26) Vilasantar

Lugo

(19 concellos)

1) Antas de Ulla
2) Barreiros
3) Cervo
4) Corgo, O
5) Cospeito
6) Folgoso do Courel
7) Incio, O
8) Mondoñedo
9) Monforte de Lemos
10) Nogais, As
11) Ourol
12) Outeiro de Rei
13) Quiroga
14) Ribas de Sil
15) Samos
16) Saviñao, O
17) Taboada
18) Vicedo, O
19) Xove

Ourense

(50 concellos)

1) Arnoia
2) Bande
3) Barco de Valdeorras, O
4) Beariz
5) Boborás
6) Bola, A
7) Bolo, O
8) Carballiño, O
9) Cartelle
10) Castrelo do Val
11) Cenlle
12) Cortegada
13) Cualedro
14) Esgos
15) Gomesende
16) Gudiña, A
17) Irixo, O
18) Laza
19) Leiro
20) Maside
21) Merca, A
22) Montederramo
23) Monterrei
24) Oímbra
25) Paderne de Allariz
26) Parada de Sil
27) Peroxa, A
28) Petín
29) Pontedeva
30) Porqueira, A
31) Quintela de Leirado
32) Rairiz de Veiga
33) Ramirás
34) Riós
35) Rúa, A
36) San Cibrao das Viñas
37) San Cristovo de Cea
38) Sandiás
39) Sarreaus
40) Teixeira, A
41) Toén
42) Veiga, A
43) Verea
44) Viana do Bolo
45) Vilamarín
46) Vilar de Barrio
47) Vilar de Santos
48) Vilariño de Conso
49) Xunqueira de Ambía
50) Xunqueira de Espadanedo

Pontevedra

(13 concellos)

1) Arbo
2) Cambados
3) Cañiza, A
4) Moraña
5) Mos
6) Redondela
7) Ribadumia
8) Salvaterra de Miño
9) Sanxenxo
10) Silleda
11) Valga
12) Vila de Cruces
13) Vilanova de Arousa

 

Organización/s: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Tema/s: Emprendemento
Colectivo/s: Outra administración