Compartir

Compártao :

Elixo xogar na casa

Actualizado o: 08 setembro 2017

Galicia é unha terra de oportunidades, un ecosistema innovador que pensa no futuro das súas mozas e mozos, que cree que no seu talento e que se esforza cada día para que as novas xeracións poidan amosar ao mundo o ben que facemos as cousas.

Por iso, a Xunta está a traballar da man das tres universidades galegas, dos centros tecnolóxicos e de investigación, e dun tecido empresarial comprometido que sabe que o futuro pasa por ser cada vez máis innovadores.

Porque aquí hai oportunidades. Porque somos competitivos e capaces. Porque apostamos pola Industria 4.0. E porque defendemos o talento como a mellor maneira de avanzar cara unha Galicia máis moderna e competitiva; unha Galicia que é sinónimo de innovación, de futuro e de emprego de calidade.