Compartir

Compártao :

Actividade de promoción de vendas. As rebaixas

Actualizado o: 12 xuño 2015

Enténdese por promoción de venda aquela na que a oferta comercial efectuada pola persoa comerciante ás persoas consumidoras se realiza en condicións máis vantaxosas que as habituais.

Teñen consideración de actividades de promoción de vendas as seguintes:

  • Rebaixas
  • Saldos
  • Liquidación
  • Desconto
  • Obsequio
  • Ofertas en vendas directas

Requisitos xerais:

Con carácter xeral o comerciante debe proporcionar información clara, veraz e suficiente sobre o contido e as condicións das súas actividades promocionais, especificando no anuncio o tipo de promoción que realiza, a súa duración, e, no seu caso, as condicións da promoción.

  • Cando a promoción non comprenda, polo menos, a metade dos artigos postos á venda, non se pode anunciar como unha medida xeral, senón que debe referirse exclusivamente aos grupos de produtos aos que realmente afecte.
  • Os artigos non poden ser adquiridos co fin exclusivo de ser incluídos nas promocións comerciais, agás a promoción para o lanzamento de novos produtos.
  • No caso de se oferten produtos a prezo normal e reducido, uns e outros deben estar suficientemente separados ou sinalados, de xeito que non poidan confundirse ou inducir  a erro, distinguindo, neste caso, a existencia de cada unha das modalidades promocionais no mesmo establecemento.

Contactos relacionados

Organización/s: Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Tema/s: Comercio; Consumo
Colectivo/s: Consumidor/a; Comerciante