Inicio > Recursos > Preguntas frecuentes
Compartir

Compártao :

Formación

Como funciona o programa de bolseiros do Igape para a participación en proxectos de mellora empresarial?

Actualizado o: 04 novembro 2014

Anualmente, o IGAPE concede bolsas (235 no período 2012-2014) para a participación en proxectos de mellora empresarial dentro do programa Re-Acciona, nas colaboracións con entidades de apoio ao emprendedor (Unidade Galicia Emprende) ou en clusters e asociacións empresariais.

Estas bolsas desenvólvense baixo a titorización da entidade colaboradora, e a súa motivación é dar unha primeira oportunidade de contacto co mundo empresarial a titulados universitarios recentes.

Tras a selección, os bolseiros incorpórase escalonadamente durante o ano seguinte á formación práctica.

Durante os anos 2012-2014, as bolsas convocáronse por un período de un ano e cunha dotación de 9.960 euros por bolsa de traballo.

Máis información en aquí.

Organización/s: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Tema/s: Formación ocupacional e continua