Inicio > Recursos > Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

Colectivo
Tema
Entidade
Obxetivo

Temos dispoñibles para consulta 20 temas de interese con preguntas frecuentes relacionadas
Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Reclamar e denunciar

Dentro das relacións dos consumidores e usuarios cos empresarios poden producirse conflitos o que pode dar lugar a que se produza unha reclamación ou unha denuncia

Asesoramento para a creación de empresas
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Asesoramento para a creación de empresas

Poñemos á túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Saír ao mercado exterior

Apoiamos as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino. 

Axudámosche a innovar
Axencia Galega de Innovación - Gain

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Impulsar a competitividade

O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente

Rexistro Integrado Industrial (RII)

A posta en funcionamento do Rexistro Integrado Industrial (RII) implica a realización dunha nova aplicación informática. Nesta aplicación, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo pon a disposición dos administrados e do resto de administracións o contido público do rexistro, facilitado por parte das Comunidades Autónomas.

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Realizar xestións e trámites na oficina virtual

A Oficina Virtual de Industria é a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Préstamos Jeremie

Préstamos previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08, actuación 2, e convocar as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Instituto Enerxético de Galicia - Inega

Impulsar a industria da biomasa

A Xunta de Galicia ten activada unha estratexia de impulso da biomasa co obxectivo de potenciar unha industria asociada á valorización enerxética deste recurso que comprende tanto a transformación como a distribución e instalacións de caldeiras para o emprego da biomasa como fonte de calor en fogares e empresas.

A reutilización dos residuos xerados nos nosos montes contribúe a fixar emprego no rural e permítenos a posta en valor dos mesmos cunha fonte de enerxía limpa, autóctona e barata que hai que aproveitar.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Participar en accións formativas do Igape

Organizamos diferentes actividades formativas directamente ou colaborando con distintas entidades (concellos, universidades, consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asociacións empresariais…) destinadas a fomentar a creación, maduración e consolidación de empresas así como a difundir a cultura emprendedora na nosa Comunidade.