Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Solicitude de certificado de profesionalidade

Poderán solicitar a expedición dun certificado de profesionalidade:

1) As persoas que superasen accións formativas asociadas ás unidades de competencia correspondentes ao certificado de profesionalidade que solicitan, a través de:

  • Ensinanzas de formación profesional para o emprego autorizadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral:
    • Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas
    • Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas ocupadas
  • Escolas obradoiro ou obradoiros de emprego
  • Contratos para a formación e aprendizaxe
  • Ensinanzas de formación profesional do sistema educativo que non completen un título de FP
  • Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)

2) As persoas que, mediante procedementos de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación, acrediten a totalidade das unidades de competencia que compoñen un certificado de profesionalidade.

 

Documentación necesaria

  • Modelo de solicitude cuberto (TR308A).
  • Copia auténtica de diploma/certificación de todos os módulos formativos e a exención do módulo de prácticas non laborais, no seu caso.
  • Copia auténtica da acreditación de cumprir os requisitos académicos ou de acceso á formación realizada.
  • No caso do procedemento de recoñecemento da competencia profesional, copia da acreditación das unidades de competencia obtidas polo procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, de 17 de xullo.
  • No caso de ensinanzas de formación profesional do sistema educativo, copia auténtica da certificación dos módulos profesionais relacionados co certificado de profesionalidade solicitado.
     

Presentación de solicitudes

Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

No caso que a solicitude se envíe por correo postal, hai dirixila ao seguinte enderezo:

Instituto Galego das Cualificacións
Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Edificio administrativo San Lázaro S/N - 15781 Santiago de Compostela

Organización/s: Secretaría Xeral de Emprego
Tema/s: Formación e cualificacións