Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados

Actualizado o: 10 agosto 2016
  • ??? imaxe[1]/titulo ???
  • ??? imaxe[2]/titulo ???
  • ??? imaxe[3]/titulo ???
  • ??? imaxe[4]/titulo ???
  • ??? imaxe[5]/titulo ???
  • ??? imaxe[6]/titulo ???
  • ??? imaxe[7]/titulo ???
  • ??? imaxe[8]/titulo ???
  • ??? imaxe[9]/titulo ???
  • ??? imaxe[10]/titulo ???

Un proxecto que suma máis de 150 millóns de euros de investimento.

O Goberno galego está a colocar a Galicia na liña de saída dun mercado que acadará os 120.000 millóns de euros en 2020: o dos avións non tripulados. Con ese fin, a Xunta ten configurado un polo tecnolóxico e industrial que, centrado ao redor do aeródromo de Rozas (Lugo) suma 150 millóns de euros en investimentos, despois de que o Ministerio de Economía y Competitividad, o INTA e a Xunta puxesen en marcha o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas con preto de 10 millóns; de que a Xunta asinase un contrato con Indra e Inaer de 115 millóns para a posta en marcha do parque de Rozas; e de que o Goberno e a Xunta firmasen un convenio para a posta en marcha dun programa de Compra Pública Innovadora (CPI) de tecnoloxía do eido dos vehículos non tripulados, que sumará un investimento de 24 millóns de euros.

Galicia deu o primeiro paso deste proxecto en 2014 creando o Centro de Investigación Aerotransportada en Rozas, un Centro Mixto entre a Xunta e o Estado que se dedica en exclusiva á I+D+i para o uso civil de avións non tripulados e a súa certificación con esta finalidade.

Os vehículos que se desenvolvan no parque de Rozas contarán con aval do CIAR, que ofrecerá os servizos necesarios para probalos, certificalos e homologalos. Como segundo piar do proxecto, a Xunta escolleu a Indra e Inaer como socios tecnolóxicos do polo de avións non tripulados. Ambas empresas se teñen comprometido a trasladar toda a súa activade de avións non tripulados a Galicia, desenvolvendo un catálogo de produtos que se fabricarán integramente en Galicia e se comercializarán a nivel mundial, impulsando tecnoloxías transversais de alto impacto noutros sectores como o naval ou a automoción, e construíndo o parque tecnolóxico -industrial en Rozas (Lugo), que complete as actuais capacidades do aeródromo.

Para isto, o aeródromo lucense incorporará a fábrica de helicópteros non tripulados de Inaer, a fábrica de avións non tripulados de Indra, un centro tecnolóxico, unha oficina de deseño e certificación, unha unidade de instrución e formación de pilotos, un centro de control de tráfico aéreo, un novo hangar, e unha incubadora de empresas.

Este esforzo público-privado terá un importante impacto para Galicia, creando un mínimo de 600 empregos, e polo compromiso asumido por Inaer e Indra de contratar coas nosas empresas e centros  de investigación, en concreto con 18 empresas e sectores diferentes como o aeronáutico, o metalúrxico, o naval ou as TIC, e 13 centros de coñecemento da comunidade, entre os que se inclúen as 3 universidades galegas. Para eles, os socios reservan 42 millóns de euros en contratos, aos que se sumará a posibilidade de que todos participen na explotación da tecnoloxía que co-desenvolvan.

A través do acordo de asociación, a Xunta se reserva a utilizar gratuitamente a tecnoloxía resultante para prestar mellores servizos á cidadanía galega en ámbitos como a prevención e extinción de incendios, a xestión máis eficiente de recursos forestais, agrícolas e gandeiros, o inventariado e a xestión intelixente do territorio e do patrimonio, o salvamento marítimo, a vixilancia costeira, o control do furtivismo, a detección de mareas vermellas, ou a xestión eficiente de emerxencias e fluxos turísticos.

Grazas a este acordo, temos as condicións para fabricar en Galicia tres modelos pioneiros cun alto potencial de mercado: o UAV Lumes, un helicóptero que está a ser deseñado,e se concluirá en Galicia, antes de fabricarse tamén aquí; o UAV de a fixa Targus, que xa ten una versión tripulada e que converteremos en non tripulado; e un vehículo mariño non tripulado, un proxecto ex novo, que se deseñará no marco deste proxecto, e que inclúe un microrobot submarino capacitado para a recollida de mostras.

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Innovación; Industria
Colectivo/s: Peme; Empresa; Instalación industrial