Portada > > Iniciativas

Sistema de Captación e Procesamento dos Datos Enerxéticos de Galicia (SICAPDE)

Compartir

Ferramenta que recolle e integra toda a información relevante relacionada coa produción e o vertido de enerxía á rede por parte de cada un dos xeradores especiais de potencia maior de 1 MW na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Sistema Informático de Captación e Procesamento de Datos Enerxéticos (SICAPDE) é unha ferramenta informática estruturada en rexistros e modelos en constante actualización e evolución que permitirá realizar previsións de xeración eléctrica máis certeiras e seguras, permitindo coñecer dunha maneira máis profunda e detallada o novo escenario eléctrico establecido polo impulso das enerxías en réxime especial e posteriormente estendelo ó resto dos recursos enerxéticos galegos. A finalidade desta iniciativa non é outra que poder realizar unha eficaz planificación e optimización dos recursos enerxéticos e garantir un maior equilibrio no noso sistema eléctrico.

Organización/s: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Tema/s: Enerxía
Colectivo/s: Empresa enerxética