Portada > > Iniciativas

Oficina Virtual de Industria

Compartir
Integra os servizos electrónicos que ofrece D.X. de Enerxía e Minas aos cales a cidadanía e empresas poden acceder en calquera instante de forma segura, cómoda e eficaz e evitando desprazamentos ás oficinas correspondentes

É a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á D.X. de Enerxía e Minas.

Aquí pode realizar a presentación electrónica de solicitudes, modificar e cesar os datos de presentacións realizadas, pagar taxas administrativas e outros trámites relacionados.

As xestións que se poden realizar dende esta oficina virtual son:

  • Realizar a presentación electrónica de solicitudes, aportando a documentación requirida para o trámite, a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia e mediante o uso da firma electrónica. No mesmo acto vostede recibirá unha copia rexistrada, que poderá imprimir ou gardar no seu ordenador.Na Oficina Virtual de Industria, só se poderán realizar presentacións vinculadas aos procedementos administrativos da D.X. de Enerxía e Minas, citados na Oficina Virtual de Industria, para o resto de procedementos habería que acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
  • Modificar e cesar, de forma electrónica (previa autenticación mediante certificado dixital e a través do uso do código de verificación), os datos das presentacións realizadas previamente dende a Oficina Virtual. As modificacións e ceses deben asinarse de forma electrónica.
  • Efectuar o pago das taxas administrativas correspondentes ás actuacións que se leven a cabo dende a Oficina Virtual. O pago das taxas realízase de forma integrada na presentación a través da pasarela de pagos do Cixtec (é necesario efectuar o pago con Internet Explorer). Teña en conta que non é posible realizar o pago directamente na Oficina Virtual Tributaria do Cixtec, senón que só pode facerse desde a ligazón para o pago da taxa correspondente que aparece no propio formulario.
  • Obter duplicados das solicitudes enviadas a través do Rexistro Electrónico, así como da súa documentación anexa.
  • Consultar as presentacións realizadas a través do Rexistro Electrónico e asinadas electrónicamente pola Xunta de Galicia.
  • Comprobar a autenticidade da documentación electrónica e dun certificado dixital.

Ligazóns relacionadas

Contactos relacionados

  • Dúbida, aclaración ou problema sobre o funcionamento dos servizos da Oficina virtual

    Teléfono: 012
    Correo-e: 012@xunta.gal
    Horario: Luns a venres (non festivos) de 8:00 a 20:00 horas

Organización/s: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Tema/s: Industria; Seguridade e saúde laboral
Colectivo/s: Instalación industrial; Empresa enerxética