Portada > > Iniciativas

ORDE do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos, ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN223A).

Compartir
Fonte de información: Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados
e prazas de abastos na consecución e consolidación do selo de mercado excelente,
a posta en marcha de actuacións que aproveiten as sinerxías xeradas polos camiños de
Santiago, e a mellora dos recintos onde se desenvolva o comercio non sedentario.