Portada > > Iniciativas

Modernización comercial

Compartir

Preto de 1.000 comerciantes galegos estanse a beneficiar este ano das axudas da Xunta para impulsar o smart commerce e o comercio en liña.

As axudas, que suman máis de 3 millóns de euros, promoven:

  • 450 proxectos de novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinan o comercio on line e o off line; que implican a utilización das redes sociais para a venda ou que avanzan no desenvolvemento do m-commerce (comercio a través do móbil); complementando así a experiencia de compra presencial dos consumidores cos diferentes canais comerciais.
  • Preto de 400 iniciativas centradas na implantación de ferramentas que melloran a xestión do negocio e o deseño dos seus produtos ou no desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetado; así como no desenvolvemento de novos produtos.
  • Máis de 1.000 proxectos centrados no acondicionamento de locais comercial e na mellora da imaxe exterior e a adquisición de moblaxe e equipamento.
  • Un novo modelo de comercio intelixente.
  • Obtiveron tamén apoios distintas federacións e asociacións do sector comercial e artesán, ás que se lles conceden tíckets de dinamización.

Estes apoios están enmarcados no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia, que destinará 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego.

Organización/s: Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Tema/s: Comercio
Colectivo/s: Comerciante