Portada > > Iniciativas

Galicia - Industria 4.0

Compartir

A Axenda da Competitividade persegue incrementar o peso da industria no PIB en 6,5 puntos ata acadar o 20% no ano 2020, creando 50.000 novos empregos de calidade durante este período.

Co desenvolvemento da Axenda, a Xunta aspira a modernizar a industria galega a través da innovación, establecendo novas fórmulas de produción que melloren a súa competitividade, e impulsando a fabricación de produtos diferenciados e de calidade. Desta forma, fixarase tecido industrial con capacidade para recuperar o emprego e xerar novos postos de traballo.

Para acadar estes retos, a Axenda aposta polo equilibrio entre o reforzo dos sectores tradicionais e o impulso dos emerxentes así como pola diversificación de produtos. Facilitarase ademais a hibridación multisectorial, que supón a interconexión de sectores distintos na procura de aproveitar as sinerxías entre eles para mellorar a súa competitividade no mercado global.

A axenda ten unha clara orientación sectorial co obxectivo tanto de reforzar sectores estratéxicos da economía galega –agroalimentario, automoción, naval, forestal ou téxtil-, como de impulsar outros emerxentes e de maior valor engadido, como o aeronáutico, o biotecnolóxico ou as TIC.

Deste xeito, búscase consolidar en Galicia a denominada Industria 4.0, composta por fábricas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas, sostibles e sociais, que conta con espazos compartidos entre humanos e máquinas, e outorga máis responsabilidades ás persoas, máis cualificadas e ben formadas, capaces de xestionar eficientemente os novos ámbitos produtivos.

Documentos relacionados

Contactos relacionados

  • Instituto Galego de Promoción Económica

    Teléfono: 900 815 151
    Correo-e: informa@igape.es