Inicio > Recursos > Iniciativas
Compartir

Compártao :

Rutas de Artesanía

Actualizado o: 28 outubro 2014

Rutas de Artesanía é un proxecto conxunto da Consellería de Economía e Industria e de Turismo de Galicia co que a Xunta promove a posta en valor dos oficios tradicionais e o seu impulso como atractivo turístico. Nel, participan preto de 150 artesáns de toda Galicia que abren os seus obradoiros ao público.

Inclúe unha aplicación móbil, Obradoiros Abertos, que parte dun traballo previo da Asociación Galega de Artesáns, e que agora incorpora a máis profesionais, todos eles coa marca Artesanía de Galicia, así como novas funcionalidades e rutas vinculadas ao Camiño de Santiago. Esta aplicación, dispoñible para Android e iOS, achega información sobre cada obradoiro ou punto de interese, xeolocalízao e proporciona a ruta para chegar ata el desde a ubicación do usuario. Como complemento a esta ferramenta, deseñáronse mapas por cada unha das provincias, que se están a distribuír nos principais puntos de interese artesán e turístico.

As Rutas de Artesanía contemplan, ademais, a realización de diferentes accións para zonas de destacado interese turístico, como a propia Ribeira Sacra ou San Andrés de Teixido, nas que se está a avanzar xa, e que se suman ás realizadas previamente pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño coas colareiras do Grove ou as redeiras, apostando pola posta en valor dos oficios tradicionais a través da diversificación e a profesionalización, e impulsando a súa incorporación á marca Artesanía de Galicia.

Contactos relacionados

Organización/s: Consellería de Economía e Industria; Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño
Tema/s: Artesanía
Colectivo/s: Artesán/a