É un innovador proxecto co obxectivo de dispoñer dunha plataforma software libre que facilite o intercambio de información e a realización de procesos de vixilancia competitiva. Participan varias axencias de desenvolvemento rexional españolas, portuguesas e francesas, lideradas polo Igape, que colaboran para desenvolver redes de intercambio de información que permitan deseñar estratexias específicas de actuación nas súas diferentes áreas territoriais de influencia.
O Instituto Galego de Promoción Económica, a través do seu cualificado persoal técnico, está en disposición de ofrecer un exclusivo servizo de apoio integral ao investidor co fin de garantirlle un excelente ámbito de traballo para a correcta xestión e desenvolvemento do seu proxecto.
Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio.
Ferramenta informática que facilita aos concellos galegos o cálculo de tarifas eléctricas, amosándolles tanto as posibilidades de aforro neste campo como a contratación da subministración eléctrica máis adecuada ás súas necesidades.
Información elaborada a partir do sistema de intercambio de información de produtos inseguros, a través da Rede de Alerta con puntos de contacto en todos os Estados membros, coordinados pola Comisión Europea, mediante a Dirección Xeral de Saúde e Protección aos Consumidores e, a nivel nacional, polo Instituto Nacional del Consumo (INC).
A minería tamén é fermosura, historia, aventura, relax, novas experiencias... Presentamos unha visión distinta da actividade mineira, dende o seu atractivo e das posibilidades de ocio que ofrece. Veña a gozar da minería de Galicia connosco.
A Consellería de Economía e Industria pon en marcha esta campaña para promocionar todos os mercados de abastos de Galicia e poñer en valor o traballo dos praceiros e praceiras ao tempo que se favorece e dinamiza o consumo nas prazas de abastos.
Ten como fin incrementar a participación galega nos programas de I+D+i internacionais. Presta servizos de asesoramento, apoio e promoción ás entidades galegas (organismos públicos de investigación, centros tecnolóxicos, empresas, etc.), potenciando a súa implicación nos programas da Comisión Europea e noutros programas internacionais de investigación, desenvolvemento e innovación.
Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia , favorecento o desenvolvemento equilibrado do territorio.