O Sistema Arbitral de Consumo, regulado polo Real decreto 231/2008, ten como finalidade atender e resolver con carácter vinculante e executivo para ambas as partes, as queixas ou reclamacións dos consumidores e usuarios, sen prexuízo da protección administrativa e xudicial.
A súa finalidade é informar, orientar e educar os consumidores para o adecuado exercicio dos seus dereitos, a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, xornadas, etc. Son un dos elementos esenciais para conseguir unha transparencia do mercado e eficacia do exercicio nos dereitos dos consumidores.
Información elaborada a partir do sistema de intercambio de información de produtos inseguros, a través da Rede de Alerta con puntos de contacto en todos os Estados membros, coordinados pola Comisión Europea, mediante a Dirección Xeral de Saúde e Protección aos Consumidores e, a nivel nacional, polo Instituto Nacional del Consumo (INC).