Portada > > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 5 iniciativas
Arbitraxe de consumo
Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Arbitraxe de consumo

O Sistema Arbitral de Consumo, regulado polo Real decreto 231/2008, ten como finalidade atender e resolver con carácter vinculante e executivo para ambas as partes, as queixas ou reclamacións dos consumidores e usuarios, sen prexuízo da protección administrativa e xudicial.

Oficinas Municipais de Información ao Consumidor (OMIC)
Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Oficinas Municipais de Información ao Consumidor (OMIC)

A súa finalidade é informar, orientar e educar os consumidores para o adecuado exercicio dos seus dereitos, a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, xornadas, etc. Son un dos elementos esenciais para conseguir unha transparencia do mercado e eficacia do exercicio nos dereitos dos consumidores.

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Tendas e obradoiros adheridos á marca "Artesanía de Galicia"

Consulta as tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e que, polo tanto, venden pezas de cando menos cinco obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, así como os obradoiros.

Presume de praceiro/a!
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Presume de praceiro/a!

A Consellería de Economía e Industria pon en marcha esta campaña para promocionar todos os mercados de abastos de Galicia e poñer en valor o traballo dos praceiros e praceiras ao tempo que se favorece e dinamiza o consumo nas prazas de abastos.

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Produtos alertados non alimenticios

Información elaborada a partir do sistema de intercambio de información de produtos inseguros, a través da Rede de Alerta con puntos de contacto en todos os Estados membros, coordinados pola Comisión Europea, mediante a Dirección Xeral de Saúde e Protección aos Consumidores e, a nivel nacional, polo Instituto Nacional del Consumo (INC).